Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

06/02/2018

Supresión de obstáculos ás compras por internet transfronteirizas

©AP Images/European Union-EP
  • Os consumidores poderán comprar en liña na UE sen ser bloqueados ou redirixidos a outra web
  • Os vendedores deberán tratar aos clientes doutro país europeo igual que aos locais, ofrecéndolles o mesmo prezo
  • O 63% das webs enquisadas non permite compras desde outro país da UE
  • Os consumidores europeos poderán acceder a unha gama máis ampla de produtos e servizos en internet tras o fin do bloqueo xeográfico.
Bruxelas, 6 de febrero de 2018. As novas normas que o Parlamento aprobou o martes prohibirán o bloque xeográfico inxustificado e permitirán aos consumidores elixir desde que páxina desexan realizar a compra, sen ser redirixidos a outra web ou mesmo bloqueados debido á súa nacionalidade, lugar de residencia ou localización.

Entre os produtos e servizos cubertos pola normativa figuran as entradas a espectáculos e parques de lecer, as estancias hoteleiras e o aluguer de vehículos, pero quedan polo momento excluídos todos aqueles protexidos por dereitos de autor, como libros electrónicos, música ou videoxogos. Tamén quedaron fose os servizos audiovisuais e o transporte. 

Os vendedores deberán tratar igual aos clientes doutro país da UE que aos clientes locais, é dicir, ofrecerlles o mesmo prezo así como idénticas condicións de venda nos seguintes casos: 
  • adquisición de bens (como electrodomésticos, produtos de electrónica, moda) cando a entrega ao cliente teña lugar nun Estado membro no cal o comerciante ofrece a venda e distribución do produto nas súas condicións xerais, ou se ambas as partes pactan un punto de recollida, cando o comerciante ofreza esa opción (os comerciantes non estarán obrigados a entregar os seus produtos en toda a UE, pero o comprador poderá escoller recollelo nun punto previamente acordado),
  • servizos proporcionados a través de internet e que non estean protexidos por dereitos de autor, como servizos na nube, devasa, almacenamento de datos, aloxamento de páxinas web, ou
  • servizos facilitados nas instalacións do provedor ou nunha localización na que este opera, como estancias hoteleiras, entradas para eventos deportivos, aluguer de vehículos, festivais de música ou entradas a parques temáticos. 
Tamén quedará prohibido ofrecer un trato diferente ao comprador debido ao lugar de emisión do seu cartón de crédito ou débito. Os métodos de pago aceptados, no entanto, seguirán sendo unha decisión do vendedor, pero este non poderá rexeitar unha marca específica dunha nacionalidade determinada. 


Os contidos protexidos por dereitos de autor, excluídos 

Os contidos dixitais protexidos por dereitos de autor, como libros electrónicos,  música ou videoxogos, non están incluídos na nova normativa. No entanto, o equipo negociador do Parlamento introduciu unha cláusula de revisión que obriga á Comisión Europea a avaliar no prazo de dous anos se a prohibición do bloqueo xeográfico debe estenderse tamén a estes contidos. Os servizos audiovisuais e o transporte tamén quedaron polo momento excluídos da lei.

Declaración da relatora

Róża Thun (PPE, Polonia), responsable da tramitación parlamentaria do texto, sinalou: ?esta lexislación supón un paso crave cara a un mercado único dixital máis competitivo e integrado, tanto para os consumidores como os vendedores. Tamén representa outro fito na loita contra a discriminación de consumidores baseada na nacionalidade ou o lugar de residencia, que nunca debería producirse na nosa Europa unida. Demostramos que a UE pode ofrecer resultados aos cidadáns de toda Europa, a través de cambios positivos que afectan ao día a día?. 

A nova normativa saíu adiante con 557 votos a favor, 89 en contra e 33 abstencións.

Próximos pasos

O Parlamento e os Estados membros chegaron a un acordo provisional sobre a lexislación o 20 de novembro de 2017. Entrará en vigor ao nove meses da súa publicación no Diario Oficial da UE.

Antecedentes

O 63% das webs non permite aos usuarios realizar compras desde outro país da UE, segundo un estudo levado a cabo pola Comisión Europea. O bloqueo xeográfico dáse con máis frecuencia na compra de electrodomésticos (86%), mentres que no ámbito dos servizos, afecta en maior medida ás reservas do sector do lecer, como as entradas de eventos deportivos (40%). 

As compras por internet transfronteirizas aumentaron considerablemente e na última década a porcentaxe de europeos que compran en liña duplicouse. 

Presentada como parte do mercado único dixital, esta regulación está incluída no paquete de comercio electrónico, xunto á lexislación sobre servizos transfronteirizos de entrega de paquetes, cuxa votación no pleno do PE está prevista en marzo de 2018, e a lei para reforzar os dereitos dos consumidores, xa aprobada polo Parlamento en novembro de 2017.

 
Fonte: Parlamento Europeo

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante