Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

08/07/2021

Entra en vigor o programa financeiro de apoio ás redes transeuropeas de infraestruturas 2021-2027

5380F_1625746086_david-becker-4INWQZJVEVI-unsplash.jpg
  • Ao igual que o seu predecesor, o Mecanismo “Conectar Europa” financiará proxectos transfronteirizos de transporte, enerxéticos e dixitais
  • Entre as infraestruturas prioritarias, figura a extensión do Corredor Atlántico ata Galicia, a conexión ferroviaria entre Vigo e  Oporto e  o corredor de 5G entre estas dúas localidades 
  • A primeira convocatoria publicarase en setembro
Bruxelas, 8 de xullo de 2021. Despois de tres anos de negociacións entre o Consello e o Parlamento Europeo, o regulamento do Mecanismo “Conectar Europa" acaba de ser publicado no DOUE, aínda que os seus efectos son retroactivos dende o 1 de xaneiro. A primeira convocatoria espérase para mediados de setembro. 
      Dotado con 30.000 millóns de euros para o período 21-27, este programa apoia o investimento en redes de infraestrutura dixital, de transporte e enerxía de Europa, como os nove corredores multimodais -entre o que se atopa o atlántico-, o despregamento de infraestrutura de carga para combustibles alternativos ou a implantación de cobertura 5G a importantes eixos de transporte. Todo elo co obxectivo de reducir un 90% as emisións de transporte en 2050, acadar unha cota de consumo final de enerxías renovables do 40% sobre o total para 2030 e cumprir cos obxectivos da década dixital para 2030.
          Proxectos para a próxima xeración
            O MCE estrutúrase ao redor de tres piares: uns 23 000 millóns de euros destínanse a proxectos de transporte (dos que 1.4000 aos principais proxectos de ligazóns ferroviarias transfronteirizas), 5 000 millóns a proxectos enerxéticos e 2 000 millóns a proxectos dixitais. No apartado de transporte, o programa complétase con 10 000 millóns procedentes do Fondo de Cohesión que beneficia a países cunha renta per cápita inferior ao 90% da media europea, como Portugal ou Polonia. 
                No sector dixital, o MCE apoiará o desenvolvemento de proxectos de interese común, como redes dixitais seguras e de moi alta capacidade e sistemas 5G, así como a dixitalización das redes de transporte e enerxía.
                    No ámbito da enerxía, o obxectivo é que as redes enerxéticas sexan máis  interoperables e garantir que os proxectos financiados se axusten aos plans climáticos e enerxéticos nacionais e da UE.
                      Mecanismo Conectar Europa 14-20 en España
                        En materia de transporte, o programa anterior financiou un total de 115 proxectos en España con máis de 840 millóns de euros, dos que máis da metade son proxectos correspondentes aos corredores Atlántico e Mediterráneo e so un 5% corresponden a outras partes da rede principal que debe concluírse en 2030. Ningún proxecto da rede global ou secundaria, que debe completarse para 2050, foi financiado polo MCE. Dúas terceiras partes do financiamiento corresponden a proxectos ferroviarios. En Galicia o MCE financiou a conexión ferroviaria co porto exterior de Ferrol e as obras de electrificación e sinalización do enlace transfronteirizo Guillarei Tui. 
                        A lista completa de proxectos pode atoparse aquí
                          Implicacións do novo regulamento para Galicia 
                            No anexo do Regulamento do MCE descríbense tramos prioritarios a ser financiados por este programa a través das súas convocatorias en réxime de concorrencia competitiva (antes a cargo da axencia INEA que agora pasa a chamarse CINEA - European Climate, Infrastructure and Environment Executive Agency). No referente a Galicia, estes tramos non cambiaron dende a proposta da Comisión en 2018: 
                            • Inclusión do tramo Coruña-Vigo-Orense-León no Corredor Atlántico
                            • Inclusión da conexión ferroviaria Oporto-Vigo como enlace transfronteirizo da rede global 
                            • Inclusión da sección transfronteriza de experimentación Oporto-Vigo dentro de la lista indicativa de corredores 5G 
                              A extensión do Corredor Atlántico ata Galicia implica o compromiso de mellorar a infraestrutura férroviaria que conecta Ourense con León, moi importante para o transporte de mercadorías. 
                                  Facilitar os proxectos transfronteirizos de transporte
                                    O Parlamento Europeo e o Consello tamén acaban de adoptar novas normas para a rede  transeuropea de transporte (RTE-T) que simplifican os procedementos de concesión de autorizacións para os proxectos de RTE-T. Os Estados membros deberán designar un punto de contacto para o promotor de cada proxecto e velar por que a concesión do permiso para poñelos en marcha non requira máis de catro anos. Os Estados membros teñen dous anos para transpoñer esta nova directiva de racionalización das medidas para avanzar na realización da rede transeuropea de transporte. 
                                      Máis información: Parlamento Europeo

                                      Sello AYS Innova entidad adaptada

                                      © Fundación Galicia Europa

                                      Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante