Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/06/2020

A dixitalización e a sustentabilidade: condicións imprescindibles para o desenvolvemento do transporte en Europa

5002F_1591806984_Consello_de_Transporte.jpg
  • Na súa terceira videoconferencia durante a pandemia, os ministros de transporte da UE debateron sobre a recuperación sostible e dixital do sector do transporte tras o brote de COVID-19. 
  • Os ministros acolleron con satisfacción o paquete de medidas sobre turismo e transporte presentado pola Comisión en maio. 
  • O sector de transporte aéreo é o máis afectado pola crise, aínda que se segue mantendo a ambición de traballar por aumentar a súa sustentabilidade. 
  • No ámbito marítimo, destacouse a necesidade de investir en infraestruturas portuarias para combustibles alternativas e en novos métodos de subministración. 
Bruxelas, 5 de xuño de 2020- No debate invitouse ós ministros a reflexionar sobre as iniciativas e os investimentos que son máis urxentes para unha recuperación sostible e dixital e que poden facer que o sector do transporte sexa máis resistente. Os ministros coincidiron en que o sector do transporte é vital non só para a economía da UE e o comercio mundial, senón tamén para a ambición climática xeral. 

No debate, os ministros reafirmaron a importancia dun enfoque coordinado tanto na introdución de medidas para deter a propagación do virus e a aplicación da estratexia de saída, como para asegurar a recuperación. Acolleron con satisfacción o paquete de medidas sobre turismo e transporte presentado pola Comisión en maio, que inclúe directrices útiles para o sector do transporte. 

No contexto da situación do transporte aéreo, o consenso xeral hoxe en día é que é o sector máis afectado por esta crise, pero isto non debe ser unha escusa para reducir a nosa ambición medioambiental. No transporte por estrada, o transporte internacional de pasaxeiros vese particularmente afectado. Os ministros recoñecen a necesidade de coordinar as medidas de protección da saúde durante o período da súa recuperación gradual, así como que a apertura gradual das fronteiras non debe dar lugar á discriminación nin afectar ás normas da competencia leal no mercado. Subliñouse que as medidas de protección no medio da pandemia tiveron un efecto negativo importante no sector, que agora necesitará asistencia financeira. 

Para o sector marítimo, os esforzos da UE a nivel internacional en materia de redución das emisións e outros aspectos importantes para o desenvolvemento sostible son cruciais. A nivel da UE, serán importantes os investimentos en infraestrutura portuaria para combustibles alternativos e novos métodos de subministración en xeral, así como a investigación e o desenvolvemento de novas solucións tecnolóxicas para o os buques autónomos. 

Por último, os ministros apelaron á necesidade dunha estratexia de recuperación coordinada e equilibrada para o transporte que combine a protección imperativa da saúde pública coa recuperación operativa e económica. Esta estratexia deberá concretarse nas próximas semanas. 



Fonte: presidencia croata da UE

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante