Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/06/2020

Cara a un sector do transporte acuático da UE neutro en carbono e competitivo: o Consello adopta unhas Conclusións

4998F_1591777635_family21bac77b-12e6-4416-89cf-7fa986f0f6de.jpg
O futuro do transporte marítimo e da navegación interior é neutro en carbono, sen accidentes, automatizado e competitivo, afirma o Consello nas súas Conclusións adoptadas mediante procedemento escrito.

Bruxelas, 10 de xuño de 2020. As Conclusións subliñan a importancia vital do sector marítimo e da navegación interior para achegar bens esenciais aos cidadáns europeos, como pon de manifesto o papel fundamental que está a desempeñar o sector durante a pandemia de COVID-19. O Consello eloxia en particular o papel fundamental da xente de mar, os traballadores da navegación interior e os traballadores portuarios para manter abertas as cadeas de subministración.

O texto tamén apoia a visión do sector marítimo e fluvial da UE que figura na declaración adoptada na reunión ministerial marítima informal organizada pola Presidencia croata en Opatija (Croacia) o 11 de marzo de 2020.

Oleg Butković, ministro de Medio Mariño, Transportes e Infraestruturas de Croacia, presidente do Consello declarou: «Para a presidencia croata, un sector do transporte acuático da UE sustentable, coa tecnoloxía máis recente e competitivo é unha prioridade desde o principio, e a crise da COVID-19 demostrou que esta visión segue sendo pertinente. Lograremos alcanzar este fin investindo na transformación dixital, a seguridade e as persoas que traballan no sector. Isto é o que dá, e seguirá dando, unha vantaxe competitiva ao sector do transporte marítimo e fluvial da UE.»

Máis información

Perspectivas para o futuro: Cara a un sector do transporte acuático da UE neutro en carbono, sen accidentes, automatizado e competitivo: texto completo das Conclusións do Consello
Comunicado de prensa da Presidencia tras a reunión informal de ministros de transporte en Opatija (Croacia), 11 de marzo de 2020

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante