Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

31/08/2018

A Comisión Europea convoca o premio Cidade Accesible 2019

A Comisión Europea convoca o premio Cidade Accesible 2019.jpg
  • Trátase da novena edición desta iniciativa promovida pola Comisión Europea e o Foro Europeo da Discapacidade. 
  • Poden participar, ata o 23 de setembro, cidades con máis de 50 mil habitantes. 
  • A cerimonia de premios celebrarase o 4 de decembro, Día europeo das persoas con discapacidade. 
Bruxelas, 31 de agosto de 2018. As cidades da UE de máis de 50.000 habitantes están convidadas a participar na novena edición do Premio Cidade Accesible que pretende impulsar que as cidades sexan máis accesibles para as persoas con discapacidade e as persoas maiores.

As cidades europeas de máis de 50 000 habitantes terán a oportunidade de presentar as súas actividades e estratexias deseñadas para facer das cidades lugares libres de barreiras, mellores para que todas as persoas poidan vivir e traballar. A este premio pódense presentar tamén áreas urbanas formadas por dúas ou máis cidades cunha poboación de máis de 50.000 habitantes, sempre que se atopen en países da  UE con menos de dúas cidades con máis de 50.000 habitantes. 

O prazo de presentación de candidaturas previsto para o 16 de setembro ampliouse ata o 23 de setembro.

Accesibilidade ao patrimonio cultural 

Ademais, no contexto do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, a Comisión introduce neste premio dúas categorías especiais para aquelas cidades que teñan en marcha proxectos que permitan o acceso ao patrimonio cultural.

Así, otourgaranse a maiores dous premios de accesibilidade ao patrimonio cultural: un para unha cidade con menos de 50 mil habitantes e outro para unha cidade con máis de 50 mil habitantes. O prazo para enviar os proxectos é o mesmo que o premio Cidade Accesible. 

Os premios entregarase nunha cerimonia que se celebrará en Bruxelas o 4 de decembro de 2019, coincidindo coa celebración da Xornada do Día Europeo das Persoas con Discapacidade. 



 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante