Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

01/09/2021

A UE intensifica a acción cara unha educación inclusiva e de alta calidade

5397F_1630501493_markus-spiske-vblGMzpFvmY-unsplash.jpg
  • O pasado 5 de agosto a Comisión Europea publicou unha proposta de Recomendación do Consello sobre a aprendizaxe mixta, propoñendo medidas a curto prazo para abordar as lagoas na educación e formación, e construír uns sistemas educativos máis resilientes, inclusivos e de alta calidade
Bruxelas, 1 de setembro de 2021. A Comisión vén de publicar unha proposta de Recomendación do Consello sobre o aprendizaxe mixto para apoiar unha educación primaria e secundaria inclusivas e de alta calidade. 

Na educación e a formación formais, a «aprendizaxe mixta» é o termo que se utiliza cando un centro escolar, un educador ou un estudante adopta máis dun enfoque no proceso de aprendizaxe. Pode ser unha mestura de centros escolares e outras contornas físicas, ou a combinación de diferentes ferramentas de aprendizaxe, tanto dixitais como non dixitais, para contribuír a mellorar o carácter integrador da educación, podendo significar unha mellor oferta educativa nas zonas remotas e rurais, así como para quen forma parte de comunidades de viaxeiros ou residen en hospitais e centros asistenciais, e para quen realiza unha formación de alto rendemento. 

A Comisión propón medidas a curto prazo para abordar as lagoas máis perentorias, así como formas de combinar contornas de aprendizaxe e instrumentos na educación primaria e secundaria e a formación, que poden axudar a construír sistemas educativos e de formación máis resilientes.

A proposta de recomendación invita aos Estados membros a:
Brindar oportunidades de aprendizaxe adicionais e apoio específico aos estudantes que se vexan confrontados a dificultades de aprendizaxe, que teñan necesidades educativas especiais, que procedan de grupos desfavorecidos ou que se viron afectados dalgún modo pola interrupción das clases. Neste contexto, a Comisión recomenda que se mobilice ou contrate persoal adicional a fin de que haxa máis tempo para o apoio individual no centro e nas actividades extraescolares.
Dar prioridade ao benestar físico e mental dos estudantes e das súas familias, así como dos profesores e formadores. Isto podería incluír o desenvolvemento de orientacións en materia de saúde mental e a inclusión de políticas de benestar, así como de políticas contra o acoso.
Impulsar o desenvolvemento das competencias dixitais dos alumnos, das súas familias e dos profesores e formadores, e fomentar o investimento a nivel escolar e comunitario nos dispositivos dispoñibles e en conectividade.
Promover asociacións efectivas en materia de infraestrutura e recursos entre distintos provedores de servizos educativos procedentes, por exemplo, do sector empresarial, a arte, o patrimonio cultural, o deporte, ou a natureza, e os institutos de investigación, o sector dos recursos educativos e a investigación educativa.
Utilizar os fondos e os coñecementos da UE para as reformas e o investimento en infraestrutura, ferramentas e pedagoxía co fin de aumentar a resiliencia e a preparación duns centros escolares listos para o futuro, en particular, Erasmus+, o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, o Fondo Social Europeo Plus, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, o programa Europa Dixital, Horizonte Europa e o Instrumento de Apoio Técnico.

A énfase no desenvolvemento dun enfoque de aprendizaxe mixta na educación primaria e secundaria incorporarase aos informes de situación periódicos do Espazo Europeo de Educación e do Plan de Acción de Educación Dixital 2021-2027.

Por último, a Comisión insta aos Estados membros a que adopten rapidamente a proposta de Recomendación do Consello.

Más información: Comisión Europea
Proposta de Recomendación do Consello sobre o aprendizaxe mixto para apoiar unha educación primaria e secundaria inclusiva e de alta calidade.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante