Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/11/2020

Posta en marcha do novo Pacto Europeo das Capacidades

5189F_1605260765_dylan-gillis-KdeqA3aTnBY-unsplash__2_.jpg
Esta semana celebrouse a Semana Europea das Competencias Profesionais 2020, dedicada este ano a como a formación profesional e ocupacional deben contribuír ás transicións verde e dixital, principais prioridades da axenda europea.  
A semana serviu para lanzar oficialmente o novo Pacto Europeo das Capacidades co que se apela a todas as partes implicadas a asumir un compromiso firme en materia de capacitación e reciclaxe profesional
Anunciáronse as primeiras asociacións de capacidades en ecosistemas industriais clave como son a industria automobilística, a microelectrónica e as industrias aeroespacial e de defensa. 

Bruxelas, 13 de novembro de 2020. Do 9 ao 13 e novembro celebrouse en modo virtual a quinta edición da Semana Europea das Competencias Profesionais 2020, destinada a facilitar o debate e intercambio de experiencias na UE en torno á formación profesional e a formación ocupacional. Durante a mesma, a Comisión lanzou oficialmente o novo Pacto Europeo polas Capacidades como unha acción conxunta para maximizar a repercusión dos investimentos na mellora das capacidades existentes (capacitación profesional) e a formación en novas capacidades (reciclaxe profesional). Desta forma, pide á industria, aos empregadores, aos interlocutores sociais, ás cámaras de comercio, ás autoridades públicas, aos centros educativos e de formación, e ás axencias de emprego que colaboren e asuman un compromiso claro para investir na formación de todas as persoas en idade de traballar na UE.

Todas as entidades que se adhiran ao Pacto Europeo de Capacidades, comprométense a cumprir os seus principios clave: a promoción dunha cultura de aprendizaxe permanente para todos, a creación de fortes asociacións de habilidades, a supervisión da oferta e a demanda de aptitudes e previsión das necesidades de aptitudes, a traballar contra a discriminación e a favor da igualdade de xénero e a igualdade de oportunidades e o alentamento a compromisos concretos sobre la mellora de las aptitudes y la readaptación profesional. 

Durante a presentación, os comisarios responsables de Emprego e de Economía, Nicolas Schmit e Thierry Breton, tamén anunciaron as primeiras asociacións europeas de capacidades en ecosistemas industriais clave, como son a industria automobilística, a microelectrónica e as industrias aeroespacial e de defensa.

A partir de 2021, a Comisión apoiará aos asinantes a través de servicios específicos: 
- Redes: apoio na procura de socios e nas primeiras reunións das asociacións, vinculación cos instrumentos existentes da UE e promoción das actividades dos membros. 
- Coñecementos: seminarios, actividades de aprendizaxe entre iguais, actualizacións das políticas e instrumentos da UE, información sobre proxectos, instrumentos e prácticas óptimas. 
- Orientación e recursos: información sobre a financiación da UE, orientación sobre posibilidades financeiras, facilitación do intercambio entre os membros do Pacto e as autoridades nacionais/rexionais.

No que respecta á financiación, o Mecanismo de recuperación e resiliencia e os instrumentos de financiación do Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 poden apoiar o Pacto e deberían utilizarse plenamente.

Actos da Semana en toda a UE
A Comisión Europea invita a centros de formación, empresas e administracións a converterse en “socios” da Semana mediante a organización de actos relacionados coa FP e a formación ocupacional ata finais de decembro (concursos, webinars, campañas de información, exposicións, xornadas de portas abertas...). Ata o momento, hai preto de 800 actos previstos en 38 países. En Galicia, presentouse o evento “Cara un pacto de capacidades na industria da tecnoloxía marítima” do CETMAR, na que se presentarán as futuras necesidades de capacidades para a economía azul. Así mesmo, a Fundación Galicia Europa participou no evento online que FINNOVA organizou dentro da Semana Europea das Competencias Profesionais, onde falou dos seus programas de mobilidade para a mocidade.

FP e COVID
A  Comisión Europea informou dos resultados da enquisa que desenvolveu entre marzo e abril sobre como este tipo de formación tense adaptado ao ensino en liña debido á pandemia. A partir de case 300 contribucións, a Comisión conclúe a necesidade de crear unha base de datos con todos os recursos gratuítos en liña que existen neste campo. 

Antecedentes
O Pacto polas Capacidades é unha das iniciativas emblemáticas da Axenda de Capacidades Europea para a competitividade sostible, a equidade social e a resiliencia, que se presentou o 1 de xullo de 2020. O obxectivo principal do Pacto é mobilizar recursos e incentivar a todas as partes interesadas para que adopten medidas concretas a fin de capacitar e reciclar profesionalmente aos traballadores, xuntando esforzos e establecendo asociacións en favor das transicións ecolóxica e dixital, así como estratexias de crecemento locais e rexionais. 

Para máis información: Comisión Europea
Un Pacto polas Capacidades: mobilizar a todos os socios para que invistan en capacidades
Semana Europea de Competencias Profesionais


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante