Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

05/11/2020

Aberto o prazo de inscrición para a Semana Europea das Competencias Profesionais 2020

5179F_1604595715_EVSW.jpg
  • Do 9 ao 13 de novembro celebrarase a quinta edición da Semana Europea das Competencias Profesionais 2020 organizada pola Comisión Europea en colaboración coa presidencia do Consello Europeo.
  • A Comisión convida a centros de formación, empresas e administracións a participar mediante a organización de actos relacionados coa FP e a formación ocupacional ata finais de decembro.
Bruxelas, 5 de novembro de 2020. A próxima semana celébrase de modo virtual a Semana Europea das Competencias Profesionais 2020, a quinta edición deste evento anual  organizado pola Comisión Europea co que se pretende facilitar o debate e intercambio de experiencias na UE en torno á formación profesional e a formación ocupacional. Este ano, os 14 actos previstos están dedicados a como estes dous tipos de formación deben contribuír as transicións verde e dixital,  principais prioridades da axenda europea.  

Entre os debates, destacan os dedicados á Alianza Europea de Capacidades, ao recoñecemento da aprendizaxe non formal, ás oportunidades de financiamento europeo ou ás capacidades profesionais que se necesitarán no futuro. Entre os máis de cen relatores destas xornadas, figuran seis españois, de empresas como Repsol ou Bankia e de administracións públicas como o Goberno Vasco. 

O martes, 10 de novembro, a Comisión Europea lanzará oficialmente o novo Pacto Europeo polas Capacidades, destinado a mobilizar a todas as partes interesadas para que emprendan accións concretas que contribúan a mellorar as capacidades das persoas en idade de traballar. A Comisión ofrecerá apoio ás entidades que se adhiran a este pacto, en particular, para o establecemento de asociacións público-privadas a gran escala en favor do que en inglés denominan upskilling e reskilling. O pacto é unha das accións anunciadas na Axenda Europea de Capacidades publicada no mes de xullo.  


Ademais, a Comisión Europea invita a centros de formación, empresas e administracións a converterse en “socios” da Semana mediante a organización de actos relacionados coa FP e a formación ocupacional ata finais de decembro (concursos, webinars, campañas de información, exposicións, xornadas de portas abertas...). Ata o momento, hai preto de 800 actos previstos en 38 países.  

Ata o 10 de novembro, pódese votar ás candidaturas aos Premios de Excelencia da Formación e Educación Profesional que recoñecen boas prácticas en materia de formación continua dentro da empresa, e de innovación dentro dos centros  (cunha especial distinción á educación a distancia), ademais de recoñecer o labor de formadores e profesores, investigadores, e os proxectos financiados con FSE e Erasmus+ en materia de ensino a distancia e transición verde.  

Por último, a Comisión Europea informará dos resultados da enquisa que desenvolveu entre marzo e abril sobre como este tipo de formación tense adaptado ao ensino en liña debido á pandemia. A partir de case 300 contribucións, a Comisión conclúe a necesidade de crear unha base de datos con todos os recursos gratuitos en liña que existen neste campo. 

Pode rexistrarse na Semana Europea de Competencias Profesionais aquí.
Para máis información: Semana Europea de Competencias Profesionais

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante