Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/10/2020

Cara un Espazo Europeo de Educación

5133F_1602081296_3837.jpg
A Comisión adoptou dúas iniciativas que potenciarán a contribución da educación e a formación á recuperación da UE e axudarán a construír unha Europa ecolóxica e dixital. 

Bruxelas, 07 de outubro de 2020. Para alcanzar o Espazo Europeo de Educación de aquí a 2025, a Comisión propón novas iniciativas, máis investimentos e unha maior cooperación dos Estados co fin de axudar a todos os europeos de calquera idade e beneficiarse da rica oferta de educación e formación da UE. A Comisión tamén adoptou un novo Plan de Acción de Educación Dixital que reflicte as leccións aprendidas da crise sanitaria, e lograr un ecosistema educativo dixital de alto rendemento con competencias dixitais reforzadas para a transformación dixital.

A Comunicación sobre o Espazo Europeo de Educación esboza como a cooperación pode enriquecer aínda máis a calidade, a inclusión e a dimensión dixital e ecolóxica dos sistemas educativos dos Estados. Así mesmo, pon de manifesto como os Estados, traballando xuntos, poden conformar un espazo baseado na liberdade dos alumnos e profesores para estudar e traballar en todo o continente e na liberdade das institucións para asociarse libremente entre si dentro e fóra de Europa.

O Espazo Europeo de Educación baséase en seis dimensións: calidade, inclusión e igualdade de xénero, transicións ecolóxica e dixital, profesorado, educación superior, así como unha Europa máis forte no mundo. Está previsto que estas iniciativas para alcanzar dito Espazo Europeo de Educación estuden, entre outros aspectos, maneiras de mellorar a calidade, especialmente no que se refire ás capacidades básicas e dixitais, de facer que o ensino escolar sexa máis inclusivo e sensible ás cuestións de xénero e de aumentar o éxito escolar. Así mesmo, tamén deben contribuír a reforzar a comprensión do cambio climático e a sustentabilidade, entre outros.

A Comunicación establece os medios e as metas intermedias que hai que superar para logralo de aquí a 2025, co respaldo do NextGenerationEU e do programa Erasmus+. Ademais, proponse un marco para a cooperación cos Estados e o compromiso coas partes interesadas no ámbito educativo, especialmente unha estrutura de análise e presentación de informes, con obxectivos educativos acordados conxuntamente, para fomentar e facer un seguimento das reformas. Os esforzos por crear o Espazo Europeo de Educación crearán sinerxias coa Axenda Europea de Capacidades, a política de educación e formación profesional e o Espazo Europeo de Investigación.

O Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027) propón un conxunto de iniciativas con miras a unha educación dixital inclusiva, accesible e de alta calidade. Trátase dun chamamento en favor dunha cooperación máis estreita entre os Estados como coas partes interesadas, a fin de que os sistemas de educación e formación sexan realmente aptos para a era dixital. A crise sanitaria fixo que se poña o foco na necesidade de mellorar a educación dixital, como obxectivo estratéxico clave para un ensino e unha aprendizaxe de alta calidade na era dixital, na que se precisa un enfoque estratéxico e a máis longo prazo para a educación e a formación dixital.

Este Plan ten dúas prioridades estratéxicas a longo prazo: fomentar o desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento e mellorar as competencias dixitais en aras da transformación dixital. Co fin de intensificar a cooperación e o intercambio na educación dixital a escala da UE, a Comisión vai crear un Centro Europeo de Educación Dixital que potenciará a colaboración e as sinerxias entre ámbitos de actuación vinculados coa educación dixital, creará unha rede de servizos nacionais de asesoramento e reforzará o diálogo entre as partes interesadas dos sectores público e privado.

Ambas as iniciativas incorporaranse ao terceiro Cume Europeo sobre Educación, que se celebrará o 10 de decembro virtualmente e que reunirá a ministros e partes interesadas para debater sobre o modo de adaptar a educación e a formación á era dixital.

Antecedentes

O marco estratéxico para a cooperación europea no ámbito da educación e a formación contribuíu a sementar confianza e a favorecer o entendemento mutuo para apoiar as primeiras iniciativas en torno ao Espazo Europeo de Educación.

En 2017, os Xefes de Estado e de Goberno debateron sobre educación e formación no Cume Social de Gotemburgo, onde se expoñía a súa visión dun Espazo Europeo de Educación con vistas a 2025. Deste encontro xurdiron unhas Conclusións do Consello nas que se instaba aos Estados, ao Consello e á Comisión avanzar nesta materia. Mentres tanto, fóronse desenvolvendo moitas iniciativas. A partir deste legado, preséntase unha visión do Espazo Europeo de Educación, xunto cun enfoque reforzado para alcanzalo de aquí a 2025 vinculado co NextGenerationEU e o orzamento a longo prazo da UE para o período 21-27.

Neste contexto, o Plan de Acción de Educación Dixital baséase no primeiro Plan de Acción de Educación Dixital (xaneiro de 2018 ata finais deste ano) pero ten un alcance maior, xa que vai máis aló da educación formal e esténdese ata 2027.

Fonte: Comisión Europea


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante