Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/09/2020

A Comisión Europea abre unha consulta pública sobre a posibilidade de establecer unha Garantía Infantil Europea

5083F_1600352684_children.jpg

Ata o 7 de outubro está aberta unha consulta pública sobre a posibilidade de poñer en marcha unha iniciativa europea que garanta aos nenos en situación de desvantaxe social o acceso a servizos esenciais de boa calidade.

O pasado 19 de agosto, a Comisión Europea lanzou unha nova consulta sobre a folla de ruta para a nova iniciativa destinada a garantir servizos básicos aos nenos en situación de necesidade en Europa: a Garantía Infantil Europea. Dita consulta estará aberta ata o próximo 7 de outubro de 2020. A consulta ten por obxectivo identificar os principais desafíos para o benestar dos nenos desfavorecidos e determinar ata que punto unha acción a nivel europeo podería ser pertinente.

A finalidade da Garantía Infantil Europea é asegurar que todos os rapaces en Europa que estean en risco de pobreza, exclusión social, ou estean nalgunha situación de desvantaxe, teñan acceso a servizos esenciais de boa calidade. É por isto que a Comisión está buscando especialmente as opinións e os puntos de vista das administracións nacionais e locais, dos provedores de servizos, dos cidadáns -incluídos os nenos- e da sociedade civil.

Para conseguir os obxectivos desta iniciativa, recomendarase aos países da UE que invistan recursos e desenvolvan estratexias e plans de acción para asegurar que os nenos en situación de necesidade teñan acceso a servizos asumibles ou gratis de educación, incluída a atención de 0 a 3 anos; a sanidade, alimentación e vivenda; e a actividades culturais e de ocio.

Contexto:

Máis dunha cuarta parte de todos os nenos da UE atópanse en risco de pobreza ou exclusión social. É por isto que en 2015 o Parlamento Europeo pediu unha garantía infantil, a cal axudaría a garantir que todos os nenos en Europa nesta situación tiveran acceso a asistencia sanitaria e educación gratuíta, vivenda digna e nutrición adecuada. En 2017 o Parlamento solicitou á Comisión que levase a cabo unha acción preparatoria sobre o establecemento dun posible sistema de garantía infantil e, neste contexto, a Comisión encargou un estudo sobre a viabilidade dunha garantía infantil para nenos vulnerables.

Máis información: Comisión Europea.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante