Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

04/09/2020

A Comisión Europea propón que Rijeka e Galway continúen a ser as Capitais Europeas da Cultura ata abril do 2021

5073F_1599222191_Imagen1.jpg

Bruxelas, 4 de setembro 2020. Por mor dos efectos provocados pola crise da Covid-19, a Comisión Europea propuxo recentemente a ampliación do estatus de Rijeka (Croacia) e Galway (Irlanda) como Capitais Europeas da Cultura ata o 30 de abril do 2021.

A crise do coronavirus golpeou duramente a estas dúas localidades europeas, Rijeka e Galway, que víronse na obriga de cancelar gran parte dos eventos plantexados para este ano 2020. Con esta decisión a Comisión Europea pretende compensar o esforzo de ambas capitais, que non puideron aproveitarse do beneficio dunha das iniciativas culturais máis importantes de Europa que, desde hai máis de trinta anos, supón un impulso ao desenvolvemento a longo prazo das cidades seleccionadas, así coma, das súas áreas metropolitanas.

Ademais a Comisión segue en contacto permanente coas capitais do 2021 (Timsoara, Elefsina e Novi Sad), do 2022 (Kaunas, Esch) que dada a situación de incerteza de cara aos preparativos, o financiamento dos festexos e á evolución da situación turística, disporán “dun tempo extra para ultimar os seus ambiciosos programas” como afirmaba neste anuncio Mariya Garbiel, comisaria europea de innovación, investigación, cultura, educación e xuventude.



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante