Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

02/06/2020

O Consello adopta conclusións sobre a xestión de riscos no ámbito do patrimonio cultural, a alfabetización mediática e a modificación do Plan de traballo en materia de cultura (2019-2022)

4982F_1591117308__EA7B28E7-F432-E042-B724-CDE51BADA3EF_.jpg
O Consello adoptou mediante procedemento escrito tres documentos de Conclusións relativos ao ámbito da cultura e o sector audiovisual.

Bruxelas, 2 de xuño de 2020. Nas conclusións sobre a xestión de riscos no ámbito do patrimonio cultural lémbrase a importancia de protexer o patrimonio cultural fronte aos diversos tipos de ameazas (os perigos naturais, o cambio climático e as catástrofes de orixe humana) e recoñécese que as crises como a provocada pola COVID-19 teñen unha enorme repercusión nos sectores cultural e creativo. Así mesmo, convídase os Estados membros a que determinen as ferramentas e enfoques innovadores para a detección, prevención e mitigación de riscos. Nas Conclusións, tamén se destaca que a prevención de catástrofes e a preparación ante estas requiren intervencións e planificación a diversos niveis para poder responder de maneira adecuada aos riscos.

Nas conclusións sobre a alfabetización mediática nun mundo en constante transformación recoñécese a importancia da alfabetización mediática dada a crecente exposición da cidadanía a unha gran cantidade de desinformación, especialmente en momentos de crises mundiais como o actual brote de COVID-19. Así mesmo, convídase os Estados membros a que apliquen diversas medidas e, por exemplo, desenvolver enfoques de aprendizaxe permanente para a alfabetización mediática a todas as idades. Entre os aspectos destacados que se abordan nestas Conclusións figuran a importancia crucial do xornalismo de calidade e a necesidade de atopar solucións máis efectivas para loitar contra a desinformación, á vez que se protexe a liberdade de expresión.

Nas conclusións polas que se modifica o Plan de traballo en materia de cultura (2019-2022) reitérase que a promoción do desenvolvemento sustentable é unha medida fundamental para o futuro da Unión Europea na Axenda Estratéxica 2019-2024 e modifícase o plan a fin de dar prioridade á cultura como factor de desenvolvemento sustentable.

Fonte: Consello da UE


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante