Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

24/10/2019

O Parlamento Europeo anima aos mozos a contar a través de Instagram Stories as súas preocupacións aos eurodeputados

Exemplos da iniciativa do Parlamento Europeo en Instagram \"Change the Story\". Fonte: European Union 2019.png
  • A iniciativa transformará as Stories en carteis de gran tamaño que se mostrarán directamente aos eurodeputados na sede do Parlamento Europeo en Bruxelas.
  • Segundo o estudo de IAB, Instagram é a rede social máis utilizada pola Xeración Z (mozas e mozos de 16 a 23 anos).
  • O emprego, a educación, a protección do medio ambiente, a economía ou a loita contra as desigualdades atópanse entre os asuntos que os mozos consideran prioritarios para a Unión Europea (Eurobarómetro).
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2019. A campaña durará do mércores 16 ao 31 de outubro de 2019. Durante quince días, os mozos europeos terán a posibilidade de transmitir as súas preocupacións aos eurodeputados a través da súa rede social favorita (Instagram).

‘Change The Story’. Así se chama a campaña que a Oficina do Parlamento Europeo en España pon en marcha para facerse eco das preocupacións dos mozos e mostralas aos eurodeputados en Bruxelas. A través da súa conta de Instagram (@parlamentoeuropeo), o obxectivo é apelar a que os mozos cren e publiquen ‘Instagram Stories’ acerca dos temas que máis lles preocupan: emprego, educación, cambio climático, economía, igualdade, futuro de Europa, etc.

A campaña comeza o mércores 16 de outubro e prolongarase ata o próximo 31 de outubro. Durante estes quince días, os mozos terán a posibilidade de transmitir as súas preocupacións aos eurodeputados a través da súa rede social favorita (Instagram).
«Sendo conscientes de que a creatividade dos mozos e que as súas reivindicacións non sempre chegan aos que toman as decisións, lanzamos a campaña #changethestory para que a súa voz e a súa mensaxe cheguen aos eurodeputados», sinala María Andrés, directora da Oficina do Parlamento Europeo en España.

Para facilitar a creación das Stories, a Oficina pon a disposición de todos os usuarios de Instagram unha colección de stickers animados que poden atoparse co hashtag #changethestory.

A Oficina do Parlamento Europeo en España seleccionará as mellores Stories recibidas (ao redor de 30), que se imprimirán a gran tamaño e mostraranse aos eurodeputados en decembro nunha exposición en Bruxelas.

Transformar Instagram Stories en pancartas «achegará as preocupacións dos mozos a quen ten o poder de cambiar as cousas, xa que as imprimiremos e farémolas chegar á sede do Parlamento Europeo en Bruxelas onde os eurodeputados poderanas ver en directo», apunta Noel Lang, director creativo de  Gettingbetter, a axencia que deu forma á campaña.

Fonte: Parlamento Europeo

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante