Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

02/09/2019

A Comisión Europea pon en marcha o seu concurso anual de tradución ”Juvenes Translatores” para alumnos de centros de ensino secundario

O concurso está aberto a estudantes de ensino secundario de 17 anos de idade e celébrase simultáneamente en todos os centros seleccionados da UE. Fonte: European Union 2017.jpg
  • A inscrición dos centros de ensino, que é a primeira das dúas fases do proceso, estará aberta ata o próximo 20 de outubro de 2019 ás 12.00 horas, podendo cumprimentarse o formulario en calquera das 24 linguas oficiais da Unión.
  • Os participantes nesta iniciativa educativa poderán traducir en calquera das 552 combinacións lingüísticas que son posibles coas 24 linguas oficiais da UE. 
Bruxelas, 2 de setembro de 2019. O pasado 30 de agosto a Comisión anunciou a décimo terceira edición do seu concurso anual "Juvenes Translatores" para estudantes de educación secundaria de toda Europa. A partir de hoxe, os centros de ensino de todos os Estados membros da UE poderán inscribirse por vía electrónica, con vistas a que o seu alumnado poida competir cos estudantes dos demais centros situados por toda Europa. Este ano, os novos participantes terán que traducir un texto sobre un tema específico: as posibles formas nas que os mozos poden contribuír a configurar o futuro de Europa.

A este respecto, Günther  H. Oettinger, comisario europeo responsable de Orzamento, Recursos Humanos e Tradución, declarou que «en Europa gústanos falar e entendernos en varias ducias de idiomas distintos. Alégrame ver que os mozos valoran as vantaxes de manexarse en varios idiomas e teñen ganas de aprender outros. Anímoos a participar na edición deste ano do concurso Juvenes Translatores e a presentar os seus impresionantes coñecementos lingüísticos».

A inscrición dos centros de ensino, que é a primeira das dúas fases do proceso, está aberta ata o próximo 20 de outubro de 2019 ás 12.00 horas. O formulario de inscrición pode cumprimentarse en calquera das 24 linguas oficiais da Unión. A continuación, a Comisión Europea convidará a 751 centros a participar na seguinte fase. O número de centros participantes por cada país será o mesmo que o número de escanos do país no Parlamento Europeo e os centros serán seleccionados aleatoriamente por un computador.

Os centros elixidos designarán entón a entre dous e cinco estudantes para participar no concurso. Os estudantes poden ser de calquera nacionalidade, pero todos deben ser do mesmo ano, nacidos en 2002.

A proba oficial do concurso terá lugar o 21 de novembro de 2019 de maneira simultánea en todos os centros participantes. Como novidade este ano, e de agora en diante, o concurso Juvenes Translatores se levará a cabo en liña. Os alumnos participantes poderán traducir durante a proba en calquera das 552 combinacións lingüísticas que son posibles coas 24 linguas oficiais da UE. Na edición do ano pasado utilizáronse 154 combinacións.

O gañadores —un por cada país— serán anunciados a principios de mes en febreiro de 2020. Os vencedores recibirán os premios na primavera de 2020, nunha cerimonia especial que se celebrará na cidade de Bruxelas.

Durante a súa visita á capital europea, os estudantes terán a oportunidade de coñecer a tradutores profesionais da Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea —que son quen avaliaría as súas traducións— e de conversar sobre como é traballar coas linguas ao máis alto nivel institucional.

Contexto
A Dirección Xeral de Tradución da Comisión organizou cada ano desde 2007 o concurso ´Juvenes Translatores´ ("novos tradutores" en latín). Con esta iniciativa búscase promover a aprendizaxe de linguas nos centros de ensino e dar aos mozos unha idea do que é o traballo do tradutor. O concurso está aberto a estudantes de ensino secundario de 17 anos de idade, e celébrase simultáneamente en todos os centros seleccionados da Unión.

O concurso inspirou e animou a algúns participantes para proseguir a aprendizaxe de linguas a nivel universitario e a converterse en tradutores profesionais. Este concurso tamén é unha ocasión para poñer de relevo a riqueza da diversidade lingüística de Europa.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante