Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

31/07/2019

A Unión Europea e Xapón seleccionan os primeiros programas de máster conxuntos Erasmus Mundus

A Unión Europea e Xapón seleccionan os primeiros programas de máster conxuntos Erasmus Mundus. Fonte: © European Union 2016. Fotógrafo: Peter Endig.jpg
  • Esta iniciativa internacional conxunta permitirá a estudantes de alto rendemento de todo o mundo estudar alomenos en dúas das universidades representadas en cada un dos tres programas seleccionados.
Bruxelas, 31 de xullo de 2019. A Comisión Europea anunciou hoxe os resultados da convocatoria de propostas para as colaboracións conxuntas de másteres Erasmus  Mundus con universidades de Xapón, convocatoria que foi lanzada en outubro de 2018.

O comisario titular das carteiras de Educación, Cultura, Xuventude e Deporte, Tibor  Navracsics, declarou o seguinte ao respecto: «En xullo de 2018, tiven o pracer de iniciar o diálogo político de alto nivel UE-Xapón sobre educación superior, cultura e deporte, xunto co meu homólogo xaponés, o entón Ministro Hayashi. Subliñamos a importancia de promover a cooperación internacional na educación superior. Confío en que os tres programas de máster conxuntos que seleccionamos, que forman parte do noso novo modelo de cooperación UE-Xapón no ámbito do ensino superior, darán excelentes resultados ao fomentar o talento dos estudantes, fomentar a excelencia e impulsar a ciencia, a tecnoloxía e a innovación. Espero ver o seu impacto positivo nos meses e anos vindeiros», sentenciou o político húngaro.    

A Comisión Europea e o Ministerio de Educación, Cultura, Deportes, Ciencia e Tecnoloxía de Xapón seleccionaron tres programas ofrecidos por consorcios internacionais nos que participan importantes universidades:
  • Máster en Ciencias da Imaxe e a Luz en Realidade Estendida, coa Universidade do Finlandia oriental (Finlandia) e a Universidade de Tecnoloxía de Toyohashi (Xapón) como entidades responsables. Outros países asociados: Bélxica e Francia, así como socios menores de Finlandia, Bélxica, Alemaña, Suíza e Xapón.
  • Máster Xapón-Europa en Robótica Avanzada, coordinado pola Escola Central de Nantes (Francia) e a Universidade de  Keio (Xapón). Outros países asociados son Italia e Polonia.
  • Historia na esfera pública, título coordinado pola Universidade Centroeuropea (Hungría) e a Universidade de Estudos Estranxeiros de Tokio (Xapón). Outros países asociados son Italia e Portugal, así como un colaborador asociado de Francia.
A presente convocatoria de propostas, a primeira deste tipo, é executada e financiada conxuntamente pola Comisión, a través do Programa Erasmus+, e o Ministerio de Educación, Cultura, Deporte, Ciencia e Tecnoloxía de Xapón (a través do proxecto de intercambio interuniversitario). Esta iniciativa permitirá a estudantes de alto rendemento de todo o mundo estudar en polo menos dous das universidades representadas en cada programa. Polo menos una destas universidades terá que estar en Xapón e, ao final dos seus estudos, os estudantes recibirán un título de máster conxunto, dobre ou múltiple. Outro elemento é a inclusión de socios do mundo empresarial, ademais dos socios académicos.      

Antecedentes
A convocatoria de propostas para as asociacións de másteres conxuntos Erasmus  Mundus con Xapón publicouse o 24 de outubro de 2018. Recibíronse dez solicitudes. Disponse dun orzamento de 9 millóns de euros para os tres programas máis importantes elixidos hoxe, que están cubertos por igual pola UE e o Ministerio de Educación, Cultura, Deporte, Ciencia e Tecnoloxía de Xapón. Como parte deste financiamento, para cada un dos tres programas poñerase a disposición dos mellores estudantes un máximo de 64 bolsas.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante