Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

09/07/2019

A Comisión Europea convoca os premios # BeActive

beactive-awards_Fonte: Comision Europea.jpg
Santiago, 9 de xullo de 2019. En consonancia co seu compromiso coa promoción dos hábitos de vida saudables entre os cidadáns da Unión, a Comisión Europea convoca os premios # BeActive. Este concurso anual créase coa intención de visibilizar, promocionar e apoiar aqueles proxectos e persoas que fomentan a nivel local o deporte e a actividade física. Estes premios enmárcanse dentro da Semana Europea do Deporte, que en 2019 celebrarase entre o 23 e o 30 de setembro.

Os premios divídense en tres categorías:

Premio # BeActive Educación
Esta categoría premia a aquelas institucións educativas ou persoas que desenvolven a súa actividade nunha contorna pedagóxica e que promocionan a actividade física máis aló das clases incluídas no plan de estudos habitual. Actividades deportivas extras, saídas de clase fisicamente activas, actividades extraescolares e outros proxectos creativos que incentiven unha vida activa entre os seus alumnos.

Premio # BeActive Lugar de Traballo
Este premio valora os esforzos de empresas e institucións á hora de promocionar a actividade física entre o seu personal, así como os encargados de implementar estes programas. Facilitar a asistencia ao traballo en medios de transporte activos, incentivar a actividade física dentro ou fóra da xornada laboral ou calquera outra forma de promover o deporte entre os traballadores teranse en conta á hora de conceder este galardón.

Premio # BeActive Heroe Local
A Comisión é consciente de que en ocasións este tipo de iniciativas xorden dun individuo que insta á sociedade para poñer solucións concretas a problemas como o sedentarismo. É por iso que este premio recoñece o traballo dunha persoa en concreto que funcionou como catalizador na súa contorna local para impulsar o deporte entre os seus veciños.

As inscricións deberán estar dirixidas aos Organismos Coordinadores Nacionais de cada un dos países membros, en España o Consello Superior de Deportes. As candidaturas, presentadas cos formularios que se facilitan a continuación, deberán ser enviadas ao correo infosed@csd.gov.es antes das 23:59 horas do 15 de xullo de 2019.

Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante