Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

20/05/2019

Participa no concurso fotográfico ”Capturing [Y]our Europe” e gaña unha viaxe a Bruxelas

4537F_1558351683_YFactor_Poster_Resized.jpg

  • Con motivo da celebración do seu 25 aniversario o Comité das Rexións te invita a participar no concurso fotográfico “Capturing  [Y]our Europe”, organizado polos becarios da institución co apoio dos seus membros.

Santiago, 20 de maio de 2019. Un ano máis os becarios do Comité das Rexións desenvolven un proxecto creativo para demostrar o traballo da institución. Este ano, con motivo do seu 25 aniversario, o proxecto #Yfactor invita á participación dos estudantes europeos co concurso fotográfico  “Capturing  [Y]our Europe”. O certame articúlase en torno á pregunta “Como sintes a presencia da UE onde vives?”, instando aos participantes a capturar Europa desde a súa perspectiva personal.

Quen pode participar?

O concurso está aberto para mozos e mozas de calquera Estado da Unión que teñan entre 18 e 30 anos o día 1 de maio. Os participantes podrán presentar o seu traballo entre o 1  e o 31 de maio, antes das 16:00 horas, enviándoas a yfactor.contest@cor.europa.eu.

Que debe incluir cada proposta?

Cada participante debe presentar dúas fotografías. A primera delas se debe centrar na visión actual do impacto que ten a UE na súa rexión, mentres que a segunda terá que plasmar a súa perspectiva respecto ao futuro.

Para que as súas propuestas sexan aceptadas deberán reflectir no asunto da mensaxe o seu nome, apelidos e país de procedencia, seguidos de “- Capturing your Europe”. No corpo da mensaxe deberase indicar:

  • Nome
  • Apelidos
  • Data de nacemento
  • Lugar de residencia do participante
  • Un título para cada unha das dúas fotografías
  • Unha breve descrición de ambas obras, de aproximadamente 150 palabras, na súa lingua materna e, se é posible, acompañada dunha tradución ao inglés.

Por último o correo debe incluir as fotografías como dous arquivos adxuntos, ambos nomeados “Nome_Apelido_Photo_1.jpg” e “Nome_Apelido_Photo_2.jpg”. A resolución mínima para cada imaxe é de 2400 x 17000 píxeles e o peso de ambas fotografías xuntas non debe exceder os 20 megabytes. Tras presentar a propuesta os participantes recibirán un correo confirmando a aceptación da súa candidatura.

Xurado e premios

O xurado estará composto por expertos en fotografía, un membro do Comité das Rexións e un becario da institución. As obras presentadas serán publicadas en liña para unha votación pública, aunque no caso de que se reciban un gran número de obras realizarase unha selección de 25. Tras unha semana de votación presentarase tanto o Premio do Público, coma o Premio do Xurado e os accésits que considere o xurado.

Todas as fotografías publicadas online participarán nunha mostra pública de tres días en Bruxelas. Os premiados anunciaranse en xuño de 2019 e serán notificados por correo electrónico. Os participantes en cuestión deberá contestar a este e-mail para confirmar a aceptación do premio. Se non se recibe a aceptación do premio, este será outorgado ao seguinte clasificado na lista.

Os dous gañadores recibirán unha invitación para participar na inauguración da exposición e o seu premio consistirá nunha viaxe cos gastos pagos a Bruxelas.

Máis información:


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante