Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

03/05/2019

Interrail gratis? Se tes 18 anos non o podes perder

Interrail gratis? Se tes 18 anos non o podes perder. Fonte: Portal Europeo da Mocidade.jpg
  • A iniciativa constará de 20.000 bonos de viaxe gratuítos.
  • Os mozos de 18 anos, nados entre o 2 de xullo de 2000 e o 1 de xullo de 2001, teñen ata o 16 de maio para postularse.
  • As viaxes deberanse producir entre o 1 de agosta de 2019 e o 31 de xaneiro de 2020.
Santiago de Compostela, 3 de maio de 2019. A Comisión Europea lanza unha nova convocatoria para solicitar os bonos de viaxe DiscoverEU. Por segundo ano consecutivo a Comisión céntrase na necesidade de explorar a diversidade cultural, promocionar os valores da UE e fomentar a aprendizaxe dos máis mozos. Os participantes recibirán información e consellos para espremer a experiencia, para facela accesible para todos os presupostos e para facela accesible a mozos con algunha dificultade de mobilidade. Ademais, aqueles interesados recibirán un xornal de viaxe e poderán participar en actividades orientadas a impulsar a creación de lazos entre comunidades durante as súas viaxes. 

Quen pode aplicar e como?
DiscoverEU está dirixido a todos os cidadáns da Unión de 18 anos, nados entre o 2 de xullo de 2000 e o 1 de xullo de 2001, ambos inclusive. As viaxes realizaranse entre o 1 de agosto de 2019 e o 31 de xaneiro de 2020 e terán unha duración máxima de 30 días. Os interesados poden postularse no European Youth Portal antes do 16 de maio de 2019 e os resultados faranse públicos o vindeiro xuño. De todas formas, para aqueles que non poden participar neste período, a Comisión planea lanzar unha cuarta convocatoria antes do final de 2019.

Como se realizaran as viaxes?
Os que sean elixidos poderán viaxar de forma individual ou en grupos de 5 persoas. O medio de transporte por defecto será o tren, aínda que para facilitar a participación poderanse usar outros medios como bus, transbordador e, en casos excepcionais, avión.

Por que DiscoverEU?
Discover EU é unha experiencia destinada aos mozos e mozas europeos para que aprendan mentres viaxan. A Comisión lanzou esta iniciativa en xuño de 2018 cun presuposto de 12 millóns de euros, este ano alzouse ata 16 millóns, e ofreceu a oportunidade de viaxar por Europa a case 30.000 participantes. A posibilidade de explorar a herdanza cultural europea, coñecer a xente de todo o continente e aprender doutras culturas, forman parte dunha experiencia que ten como obxectivo crear un sentimento de irmandamento en Europa. 


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante