Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/04/2019

Participa no AYCH Kids Concurso de Debuxo 2019!

Participa no AYCH Kids Concurso de Debuxo 2019!.png

  • O concurso está dirixido a nenos de 8 a 11 anos.
  • É unha gran oportunidade para traballar os temas de sustentabilidade e coidado do medio ambiente.

A asociación Cidades Atlánticas convoca o concurso de debuxo AYCH Kids 2019 para nenos de 8 a 11 anos. Os participantes deben ser dun dos países do espazo atlántico: Irlanda, Reino Unido, Francia, España e Portugal. Poderán participar estudantes de colexios tanto públicos como privados e o tema, como non podía ser de outro xeito, estará relacionado co Océano Atlántico.

O obxectivo do concurso é concienciar e sensibilizar á mocidade en valores como a sustentabilidade e a protección do medio ambiente. Deste xeito estaremos formando a futuros adultos que estean concienciados da importancia do coidado da natureza e en concreto dos nosos mares.

Que materias poden traballar?

Este concurso de debuxo pode ser unha gran oportunidade para traballar diferentes conceptos relacionados coa sustentabilidade e o coidado dos nosos océanos.

  • Nación Unidas celebran o Día Mundial dos Océanos cada 8 de xuño. Desta forma se recorda a importancia dos mares para o futuro do planeta e que é unha prioridade usar os recursos que temos a nosa disposición de forma sustentable.
  • Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable foron descritos por Nacións Unidas no ano 2015. Son unha lista de metas moi ambiciosas como eliminar a pobreza, loitar contra a desigualdade ou combater o cambio climático. A mellor forma para acadalos e espallar a súa mensaxe e así asegurar a saúde, seguridade e o futuro para todos os habitantes do planeta.
  • O proxecto Sea Change: Our Ocean, Our Health ten como obxectivo modificar o xeito en que os europeos perciben a súa relación cos mares. É un programa financiado polo H2020 (UE) e desenvolve unha labor de información e concienciación da sociedade.

Como participo?

Os participantes deberán realizar un debuxo co tema “O Océano Atlántico, un medio sostible para todos!”, o deseño ten que incluir tres palabras relacionadas co tema, nun papel A4, cun título e unha explicación de dúas liñas polo revés. Os textos poden presentarse tanto en castelán como en galego.

Todas as obras terán que ser escaneadas (polas dúas caras), e enviadas ao correo electrónico aych@atlanticcities.eu antes do 17 de maio de 2019 co asunto “AYCH Kids 2019 ESPAÑA”. No corpo da mensaxe incluirase nome e apelidos, idade, escola, cidade e país de residencia.

Premios

O concurso dividirase en dúas categorías de idade, de oito a nove anos e de 10 a 11. Os 10 primeiros clasificados recibirán un paquete de regalo sostible e o primeiro premio incluirá unha sorpresa. Todos os participantes no certame serán agasallados cun diploma de participación e os seus debuxos poderán verse na páxina web, redes sociais e o calendario de AYCH. Os resultados se comunicarán o Día Mundial dos Océanos, o 8 de xuño de 2019.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante