Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

15/04/2019

Gaña unha viaxe a Helsinki ou Tesalónica co concurso #CedefopPhotoAward para alumnos de FP

4516F_1555327540_cedefop_photo.jpg
Integrado dentro da Semana Europea da Formación Profesional, o CEDEFOP (Centro Europeo para o desenvolvemento de la Formación Profesional) convoca o #CedefopPhotoAward. Esta iniciativa está avalada pola Comisión Europea, e está dirixida a promover as boas prácticas e a excelencia na Formación e Educación Profesional na UE.

Tal e como fixo o ano pasado, o #CedefopPhotoAward ofrece a mozos e adultos estudantes, a oportunidade de compartir as súas experiencias de aprendizaxe. Grupos de hasta catro estudantes da UE, Noruega e Islandia están invitados a producir unha foto-historia orixinal de 4 ou 5 imaxes, acompañadas dunha explicación da idea tras o seu traballo de ata 100 palabras.

Os dous equipos finalistas gañarán unha viaxe á capital finesa Helsinki e terán a oportunidade de participar na Semana Europea da Formación Profesional o 17 e 18 de outubro. A comisaria europea Marianne Thyssen presentará o premio final na cerimonia de clausura do acto. Un terceiro equipo viaxará ao Festival internacional de cine de Tesalónica, en novembro, onde lle será outorgado o prix du jury.

Este ano todas as inscricións realizaranse a través deste sitio web antes do 31 de maio ás 23:59 CET. Podes atopar máis información sobre as bases do concurso seguindo este enlace


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante