Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/03/2019

A Xunta de Galicia abre a inscrición para participar no ‘Proxecto Lewo’ que potencia o patrimonio natural da comunidade

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil en espazos naturais.jpg
  • A iniciativa posibilitará que mozas e mozos galegos realicen actividades de preservación e conservación; investigación ou catalogación de flora e fauna da zona; e accións educativas de información e sensibilización
  • As accións desenvolveranse dentro de varios hábitats naturais protexidos
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2019. A Xunta de Galicia abre a inscrición para participar, outro ano máis, no proxecto Life Evergreen with Volunteers (Lewo), aprobado ao abeiro do programa LIFE 2016 da Comisión Europea. Esta iniciativa, posta en marcha a través das direccións xerais de Xuventude, Participación e Voluntariado e a de Patrimonio Natural, busca potenciar o patrimonio natural da comunidade ao promover tarefas de voluntariado ambiental en diferentes zonas da comunidade.

O obxectivo de Lewo é fomentar o respecto polo rico patrimonio natural de Galicia a través da creación dun grupo de xuventude voluntaria formado por 300 mozos e mozas galegos entre os 18 e os 30 anos de idade. Nesta ocasión, os participantes realizarán diferentes actividades de protección, sensibilización e mantemento no Parque Nacional das Illas Atlánticas, en varios parques naturais da comunidade e Reservas da Biosfera.

En concreto, os participantes neste proxecto levarán a cabo actividade de limpeza, sinalización, catalogación de flora e fauna, loita contra especies exóticas prexudiciais para os hábitats, así como obradoiros didácticos e de sensibilización ou actividades de ocio educativo.

Ámbitos de intervención

Os espazos naturais que serán este ano obxecto deste proxecto, ademais dos Ancares, son o parque natural das Fragas do Eume, Reserva da Biosfera Fragas do Mandeo, Parque natural do complexo dunar de Corrubedo, Illa de Sálvora, Parque natural de Baixa Limia-Serra do Xurés, Illa de Cortegada, Illa de Ons, Illas Cíes e Parque natural Serra da Enciña da Lastra.

Na provincia de Lugo, a programación inclúe actividades de preservación e conservación nos Ancares, área declarada reserva da biosfera, os días 17, 18, 19 e 20 de abril –Semana Santa-. O número máximo de participantes será dunha vintena de mozos e mozas galegos, con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.

Os asistentes terán cuberto o desprazamento, manutención, aloxamento en habitacións de uso múltiple, seguros e actividades formativas.

Toda a información das datas e características das actividades poden consultarse na páxina web de Voluntariado galego. 


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante