Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

23/10/2018

Mercado único dixital: un directorio de películas europeas para facilitar o acceso en liña

Novo directorio de películas europeas .jpg
  • No marco do Mercado Internacional do Cinema Clásico de Lyon,  Mariya Gabriel, comisaria de Economía e Sociedade Dixitais, presentou o prototipo dun directorio de obras cinematográficas europeas
  • Trátase dun dos proxectos máis importantes da Estratexia #Dixital4Culture que se encadra tamén no Ano Europeo do Patrimonio Cultural (2018).
  •  O lanzamento da versión  beta está previsto para a primavera de 2019, e o lanzamento da versión definitiva terá lugar a finais do próximo ano. 

Bruxelas, 23 de outubro de 2018. Posto en marcha coa axuda do Observatorio Europeo do Sector Audiovisual, este novo directorio permitirá aos profesionais, os organismos públicos e os cidadáns acceder a información sobre películas europeas, que á súa vez estarán dispoñibles en liña nos servizos de vídeo á carta en todos os países da Unión Europea.

Actualmente, as películas europeas en liña só representan ao redor do 25 % das películas dispoñibles nos servizos de vídeo á carta na Unión Europea. Existen bases de datos nacionais, pero nada similar a escala europea. E, sen embargo, Europa é un actor importante do cinema mundial con máis de 18.000 películas producidas entre 2007 e 2016 e un volume de producións global que aumentou nun 47 %, pasando de 1 444 longametraxes en 2007 a 2.124 en 2016.

Actualmente, o directorio atópase en estado de prototipo e inclúe os datos sobre 35.000 películas europeas procedentes de 115 servizos de vídeo ás carta. O lanzamento da versión  beta está previsto para a primavera de 2019, e o lanzamento da versión definitiva terá lugar a finais do próximo ano. 

Múltiples vantaxes 

Financiado polo programa MEDIA de apoio ao sector audiovisual europeo, esta ferramenta innovadora estará a disposición dos cidadáns, os profesionais e os organismos públicos. A idea deste directorio presenta numerosas vantaxes:

Para os cidadáns: unha maior visibilidade do cinema europeo en toda a UE grazas á creación desta verdadeira  cinemateca virtual, rica e variada.

Para os profesionais: os autores e produtores saberán en que países e servizos se atopan dispoñibles as súas películas en servizos de vídeo á carta; as distribuidoras que desexen mellorar a explotación das súas películas europeas poderán descubrir os servizos de vídeo á carta que ofrecen obras similares e que poderían, por tanto, albergar as súas películas; os servizos de vídeo á carta poderán atopar películas europeas en liña noutros territorios que poderían interesar ás súas audiencias.

Para os organismos públicos: indicación sobre a calidade da oferta legal de cinema europeo no ámbito dixital; concretamente, os fondos de apoio e as axencias de promoción das obras cinematográficas saberán se a películas que apoian están dispoñibles realmente e se exportan aos demais Estados membros; e, co tempo, os reguladores contarán co directorio dunha ferramenta que lles poderá axudar a controlar a aplicación da recente revisión da Directiva de servizos de comunicación audiovisual, que trouxo consigo a adopción dunha cota mínima do 30 % de obras europeas a fin de aumentar e mellorar a presenza de películas europeas en liña.

Antecedentes

A iniciativa encádrase na estratexia Dixital4Culture e o Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018. A revolución dixital permite novas formas innovadoras de creación artística, un acceso máis amplo e democrático á cultura e ao patrimonio, así como novas maneiras de acceder, consumir e  monetizar o contido cultural. 

Para reflectir estes cambios, a Estratexia #Dixital4Culture apóiase tamén nas propostas destinadas a modernizar as normas ao redor dos dereitos de autor e a facilitar o acceso transfronteirizo aos programas de televisión e radio en liña, obxecto de negociacións entre o Parlamento Europeo e o Consello e xurdidas da Estratexia por un Mercado Único Dixital.

O dispositivo do directorio europeo recibe o apoio do programa MEDIA de Europa Creativa. Desde hai 27 anos, o programa MEDIA fixo posible a creación e distribución de máis de 2.000 películas, documentais, series de televisión e, máis recentemente, obras de animación. 

A Comisión propón un aumento do 30 % (1.200 millóns de euros) no orzamento de MEDIA para o próximo período orzamentario 2021-2027. Nos próximos anos, van destinar máis fondos á promoción e distribución internacionais de obras e ficcións innovadores europeas, tamén no sector da realidade virtual.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante