Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

22/10/2018

Volve #DiscoverEU: 12.000 novos billetes de Interrail para viaxar por Europa

Segunda convocatoria #DiscoverEU.jpg
  • O próximo 29 de novembro a Comisión Europea poñerá en marcha a segunda edición do programa #DiscoverEU con 12.000 novos billetes para viaxar gratis por Europa
Bruxelas, 22 de outubro de 2018. Tras a primeira edición do concurso #DiscoverEU, a Comisión Europea acaba de anunciar o lanzamento da segunda edición que outorgará 12.000 novos billetes gratuítos de viaxe a mozos europeos que cumpran 18 anos antes do 31 de decembro de 2018. 

”Este verán, ao redor de 15.000 mozos de 18 anos puideron viaxar por toda a UE”, explicou  Tibor  Navracsics, comisario europeo de Educación, Cultura, Mocidade e Deporte, quen afirmou escoitar ”moitas historias fantásticas dos participantes e compráceme poder ofrecer esta experiencia a un número aínda maior de mozos o próximo ano”.

Como solicitar un billete de  Interrail para viaxar gratis por Europa?

A data de lanzamento dos novos 12.000 billetes de tren gratuitos será o próximo 29 de novembro de 2018. Os interesados poderán viaxar por toda Europa entre o 15 de abril e o 31 de outubro de 2019. Para iso deberán remitir a súa solicitude ata o 11 de decembro a través do Portal Europeo de Mocidade

Entre os requisitos, requírese que os solicitantes teñan 18 cumpridos o 31 de decembro e estean dispostos a viaxar durante un período máximo de 30 días nas datas sinaladas (entre abril e outubro). 

Despois, un comité de avaliación examinará as solicitudes e seleccionará aos gañadores, cuxos nomes se darán a coñecer a mediados de xaneiro de 2019.

#DiscoverEU, en detalle 

Quen obteña un billete gratuíto para viaxar por Europa do programa  DiscoverEU poderán viaxar de forma individual ou en grupos dun máximos de 5 persoas. As viaxes realizaranse polo xeral en tren, pero tamén se poderán empregar outros medios de transporte como autobús, ferry ou avión para garantir o acceso a todo o continente. 

Para esta 2ª edición de  DiscoverEU, a Comisión Europea destinará un orzamento de 700 millóns de euros. Así mesmo, a Comisión adiantou que se o Parlamento Europeo e o Consello o acordan, 1,5 millóns de mozos de 18 anos poderán viaxar entre 2021 e 2027. 

Candidatos de España

Na primeira edición de  DiscoverEU, España foi o segundo país con máis solicitudes presentadas só por detrás de Alemaña. En total, a Comisión Europea recibiu máis de 100.000 solicitudes, sendo España (11.680 peticións) o segundo país máis participativo detrás de Alemaña (19.682 peticións).

En total 1.364 mozos de nacionalidade española puideron gozar da experiencia, que en termos xerais atraeu maioritariamente a atención de mozas (58 %) e mozas en educación secundaria (74 %).


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante