Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

28/08/2018

A Comisión Europea lanza o concurso de curtametraxes #EUandME

concurso de curtametraxes #EUandME.jpg
  • Poden participar cineastas europeos de entre 18 e 35 anos desde o 24 de agosto ata o 31 de outubro.
Bruxelas, 28 de agosto de 2018. Queres contar a túa historia sobre #EUandME? Gustaríache escribir e dirixir unha curtametraxe coa axuda dun director europeo premiado? Gustaríache que a túa idea cobrase vida na gran pantalla? Entón participa no concurso #EUandME para novos realizadores!

A Comisión Europea lanzou un concurso de curtametraxes para realizadores mozos que ten como obxectivo achegar as institucións aos cidadáns e dar maior visibilidade á Unión Europea.

Ao concurso #EUandME poderán inscribirse cineastas europeos de entre 18 e 35 anos desde o 24 de agosto ata o 31 de outubro.

Os participantes poderán elixir entre cincos categorías: mobilidade, sustentabilidade, capacidade e negocios, dixital e dereitos. Haberá un gañador por cada apartado que recibirá unha subvención de 7.500 euros para gravar o seu curto.

Os interesados en participar terán que presentar unha historia que teña que ver co impacto da UE no día a día dos cidadáns europeos.

Ademais de enviar un pequeno  guion e un pequeno vídeo no que o candidato explique, na súa lingua materna e en inglés, a súa motivación e o concepto da película, tamén terán que incluír ligazón que dirixa a outras curtametraxes realizadas polo candidato.

Os formularios para participar están dispoñibles na páxina web do concurso.

 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante