Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

31/08/2018

Un reto para os mozos amantes das linguas: a Comisión Europea pon en marcha o seu concurso anual de tradución para centros de ensino

Juvenes Translatores.jpg
  • Os centros que desexen participar teñen de prazo para inscribirse dende o 1 de setembro ata o 20 de outubro de 2018.
  • A proba terá lugar o 22 de novembro e efectuarase ao mesmo tempo en todos os centros participantes.
Bruxelas, 31 de agosto de 2018. A Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea convida os estudantes de toda Europa a poñer a proba as súas capacidades de tradución na duodécima edición do seu concurso anual «Juvenes  Translatores».

Este ano, os adolescentes afeccionados ás linguas traducirán un texto sobre o tema do patrimonio cultural. Este tema foi escollido para conmemorar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018.

Os participantes poden optar por traducir en calquera das 552 combinacións lingüísticas posibles coas 24 linguas oficiais da UE. O ano pasado houbo textos traducidos do polaco ao  finés, do checo ao grego e do croata ao sueco, por nomear só algunhas das 144 combinacións utilizadas.

Para participar no concurso debe seguirse un proceso de inscrición en dúas fases.
  • En primeiro lugar, as escolas de secundaria deben inscribirse no sitio web http://ec.europa.eu/translatores. O prazo comeza o 1 de setembro de 2018 e finaliza o 20 de outubro ao mediodía, e a inscrición pode realizarse en calquera das vinte e catro linguas oficiais da UE.
  • A continuación, a Comisión Europea pedirá a un total de 751 centros, elixidos o azar, que designen a entre dous e cinco estudantes para participar no concurso. Os estudantes poden ser de calquera nacionalidade e deben ter nacido en 2001.

A proba terá lugar o 22 de novembro e efectuarase ao mesmo tempo en todos os centros participantes.

O gañadores —un de cada país— serán anunciados a principios de febreiro de 2019. Recibirán os seus premios na primavera de 2019, nunha cerimonia especial celebrada en Bruxelas.

Durante a súa visita, os estudantes terán a oportunidade de coñecer a tradutores profesionais da Dirección Xeral de Tradución da Comisión —que son quen avaliaría as súas traducións— e de conversar sobre como é traballar coas linguas.

Antecedentes

A Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea organiza cada ano desde 2007 o concurso  Juvenes  Translatores («novos tradutores» en latín). O seu obxectivo é promover a aprendizaxe de linguas nos centros de ensino e dar aos mozos unha idea do que é o traballo do tradutor. Está aberto aos alumnos de ensino secundario de dezasete anos.

O concurso inspirou e animou a algúns participantes para proseguir a aprendizaxe de linguas a nivel universitario e a converterse en tradutores profesionais. Este concurso tamén pon de relevo a rica diversidade lingüística de Europa.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante