Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

14/08/2018

A Comisión publica unha nova convocatoria de propostas de proxectos para o Corpo Europeo de Solidariedade

4371F_1534249719_solidarity_corps.png
  • A Comisión Europea convida as partes interesadas a presentar ideas de proxectos do Corpo Europeo de Solidariedade.
  • A UE dedica 44 millóns de euros do seu orzamento aos proxectos seleccionados nesta convocatoria, aberta a todos os mozos dentro e fóra de Europa.
  • Trátase da primeira dunha serie de convocatorias que, de aquí a final de 2020, darán a un mínimo de 100 000 mozos a posibilidade de participar no Corpo Europeo de Solidariedade.
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2018. A Comisión Europea presentou o pasado 10 de agosto unha nova convocatoria de propostas para o Corpo Europeo de Solidariedade. A mesma está aberta a unha gama de proxectos máis ampla que nunca: ademais de períodos individuais de voluntariado, prácticas ou empregos en ámbitos solidarios a longo prazo, tamén: 

 -As organizacións poderán ofrecer proxectos a curto prazo (de dúas semanas a dous meses) a equipos de voluntarios. En primeiro lugar, as organizacións deberán recibir un selo de calidade, que poden solicitar en calquera momento á axencia nacional Erasmus+ ou, nalgúns casos, a Axencia Executiva no ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural.  

-Poden solicitar financiamento non só organismos públicos e privados radicados nos Estados membros da UE, senón tamén os grupos de mozos, de polo menos cinco participantes, rexistrados no portal do Corpo Europeo de Solidariedade, que poderán crear os seus propios proxectos de actividade solidaria. 

-Determinados proxectos do Corpo Europeo de Solidariedade no ámbito do voluntariado tamén están abertos á participación de organizacións de Islandia, Liechtenstein, Noruega, Turquía, a antiga República Iugoslava de Macedonia e outros países socios.  

A data límite de presentación de solicitudes é o 16 de outubro de 2018, excepto para os proxectos de equipos de voluntarios, que poden facelo ata o 18 de febreiro de 2019.

Máis información: https://bit.ly/2Oye1T5 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante