Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

04/07/2018

Concurso para estudantes de FP: relatos fotográficos

#CedefopPhotoAward. png
  • Se estudas FP, participa do concurso de relato fotográfico Cedefop
  • Concederanse tres premios aos tres mellores relatos fotográficos.
Bruxelas, 4 de xullo de 2018. Estudas formación profesional? Se a resposta é afirmativa, forma un equipo con compañeiros e participa no concurso #CedefopPhotoAward. Podedes gañar viaxes a Viena (Austria) ou  Salónica (Grecia). O prazo de participación remata o 15 de xullo.

#CedefopPhotoAward é un concurso organizado polo Cedefop, o Centro Europeo para o Desenvolvemento da Formación Profesional, con sede en  Salónica (Grecia). O obxectivo da institución é promover a excelencia na formación profesional (FP) na Unión Europea e fóra dela.

O concurso de 2018, no contexto da Semana Europea da Formación Profesional, está dirixido exclusivamente a equipos de estudantes de formación profesional (tanto formación profesional inicial como continua) da Unión Europea, Noruega e Islandia.
 
Cada equipo elaborará un relato fotográfico orixinal composto de entre tres e cinco fotografas e dun texto dun máximo de 100 palabras. Non se aceptarán candidaturas individuais.

Premios
 
O primeiro e segundo premios consistirán nunha viaxe a Viena para os dous equipos gañadores e o seu profesor/titor para a Semana Europea da Formación Profesional (# EUVocationalSkills); asistirán a unha cea de gala (onde se mostrarán as dúas historias gañadoras) a noite do 8 de novembro e á cerimonia de entrega de premios o 9 de novembro de 2018.
 
O terceiro premio consistirá nunha viaxe a  Salónica para o equipo gañador e un profesor/titor para asistir á cerimonia de inauguración do Festival Internacional de Cinema de  Salónica (# TIFF59) o 1 de novembro de 2018.
 
O prazo de participación vence o 15 de xullo ás 23:59 horas.
 
Máis información,  aquí

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante