27/06/2018
Opta ao Premio Sociedade Civil 2018 do Comité Económico e Social Europeo!
- O premio está dotado con 50.000 euros, que serán concedidos a un máximo de cinco gañadores.
- O prazo de inscrición vence o 7 de setembro de 2018.
Bruxelas, 27 de xuño de 2018. A túa organización traballa en cultura? Entón quizais poidades optar ao Premio Sociedade Civil 2018 promovido polo Consello Económico e Social Europeo (
CESE). Esta edición, coincidindo co
Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018, o galardón celebra esa riqueza e diversidade, por iso, o tema é «Identidades, valores europeos e patrimonio cultural en Europa».
As organizacións da sociedade civil xogaron un papel clave en poñer á fronte o potencial do legado cultural europeo, fortalecendo identidades e sociedades e promovendo o vasto potencial da diversidade, a base da historia europea. Por ese motivo, o Premio Sociedade Civil 2018 pretende recoñecer as iniciativas máis innovadoras que fixesen unha contribución significativa á abordaxe de desafíos como:
- crear conciencia sobre a multiplicidade de capas e a riqueza das identidades europeas;
- explorar todo o potencial da riqueza cultural de Europa;
- facilitar acceso ao legado cultural europeo;
- promover valores europeos tales como o respecto á dignidade humana e os dereitos humanos, a liberdade, a democracia, a igualdade, e o respecto das leis.
O concurso, que celebra a súa décima edición, está aberto non só a todas as organizacións civís rexistradas oficialmente na Unión Europea, e que traballen a nivel local, nacional, rexional ou europeo, senón tamén a individuos.
O premio está dotado con 50.000 euros, que serán concedidos a un máximo de cinco gañadores. O prazo de inscrición vence o 7 de setembro de 2018.
A lista completa de requisitos, así como o formulario de participación, están
dispoñibles aquí.
En 2017, este Premio estivo centrado en empregos de calidade e emprendemento. Entre os gañadores, houbo unha iniciativa española:
Laundry ID, do Instituto de Robótica para a Dependencia, un proxecto tecnolóxico orientado á creación de emprego para persoas con discapacidades en lavanderías.