Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

14/06/2018

Café con Europa en Galicia: os debates sobre Europa para mozos chegan a Monforte de Lemos e Riveira

Café con Europa en Galicia.jpg
Bruxelas 14 de xuño de 2018. Café con Europa é un espazo de conversación e debate informal sobre a Unión Europea dirixido aos mozos e organizado pola Representación das Institucións Europeas en España que, no mes de xullo, contará con dous eventos en Galicia para falar de emprego, mobilidade, formación, dereitos sociais... O primeiro “café” terá lugar en Monforte de Lemos o luns 2 de xullo e, o segundo, en Riveira, o martes 3 de xullo. 

En Monforte de Lemos o encontro coas Institucións Comunitarias terá lugar ás 18:00 no Museo do Centro do Viño da Ribeira Sacra, situado na Rúa do Comercio, 6, 1ºplanta. No caso de Riveira, o evento, que tamén contará con representantes do Parlamento e da Comisión Europea,  dará comezo ás 13:00 horas no Club Náutico Deportivo de Riveira, ubicado no Porto Deportivo. 

A axenda márcala ti, falarase dos temas que máis che interesen, inscríbete e participa! 

Café con Europa

Esta iniciativa visitará nos vindeiros meses 30 localidades españolas co obxectivo de dar a coñecer as liñas de traballo postas en marcha desde a Unión Europea e como estas afectan aos cidadáns.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante