Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/06/2018

15.000 mozos viaxarán gratis pola Unión Europea este verán grazas ao programa DiscoverEU

DiscoverEU.png
  • Os solicitantes deberán ter 18 anos cumpridos o 1 de xullo de 2018, ser cidadáns da UE e estar dispostos a viaxar este verán.
  • No proceso de selección os cadidatos deberán responder cinco preguntas sobre o ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018, as iniciativas da UE destinadas aos mozos e as próximas eleccións ao Parlamento Europeo.
  • En outono de 2018 haberá unha segunda ronda de solicitudes con 5.000 billetes dispoñibles. 
Bruxelas, 11 de xuño de 2018. Desde mañá ás 12.00 horas e ata o 26 de xuño á mesma hora, os mozos europeos poderán solicitar un billete que lles dará a oportunidade de descubrir o continente europeo desde xullo de 2018 ata finais de outubro do mesmo ano. DiscoverEU permitiralles entender mellor a diversidade de Europa, gozar da súa riqueza cultural, facer novos amigos e forxarse unha idea da súa identidade europea. 

No marco desta nova iniciativa da UE, os mozos poderán viaxar individualmente ou en grupos dun máximo de cinco persoas. Como norma xeral, viaxarán en tren. Con todo, para garantir un acceso a todo o continente, en casos especiais a iniciativa pode ofrecer modos alternativos de transporte, como autobuses ou  ferris, ou, excepcionalmente, o avión. Deste xeito garantirase que os mozos que viven en zonas remotas ou en illas da UE tamén teñan a oportunidade de participar.

Dado que 2018 é o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, os viaxeiros terán a oportunidade de participar nos numerosos eventos que se están celebrando en toda Europa.

A Comisión Europea desexa coñecer a impresión dos mozos viaxeiros e animalos a compartir as súas experiencias e aventuras. Por iso, unha vez seleccionados, os participantes formarán parte da comunidade  DiscoverEU e converteranse en embaixadores da iniciativa. Convidaráselles a contar as súas experiencias de viaxe, por exemplo a través de ferramentas dos medios sociais, como  Instagram, Facebook e Twitter, ou facendo unha presentación no seu centro escolar ou na súa comunidade local.

Como presentar unha solicitude

Os solicitantes deberán proporcionar os seus datos persoais, así como detalles sobre a viaxe que teñen previsto facer. Tamén terán que cumprimentar un cuestionario de cinco preguntas, sobre o Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018, as iniciativas da UE destinadas aos mozos e as próximas eleccións ao Parlamento Europeo

Por último, terán que responder a unha pregunta adicional sobre cantos mozos, na súa opinión, participarán nesta iniciativa. As respostas permitirán á Comisión Europea seleccionar aos solicitantes. 

Unha vez seleccionados, os participantes deberán empezar a viaxar entre o 9 de xullo e o 30 de setembro de 2018. Poderán viaxar durante un período de ata 30 días e visitar entre un e catro destinos no estranxeiro.

DiscoverEU

Cun orzamento de 12 millóns de euros en 2018, espérase que  DiscoverEU dea a un mínimo de 20.000 mozos a oportunidade de viaxar por toda Europa este ano. Asignouse a cada un dos Estados membros da UE un número determinado de billetes de viaxe, tomando como base a porcentaxe da poboación do país en comparación co conxunto da poboación da Unión Europea. 

A primeira rolda de solicitudes, que se iniciará mañá, permitirá a un mínimo de 15.000 participantes explorar o seu continente. En outono de 2018 haberá unha segunda rolda de solicitudes, cuns 5.000 billetes.

A Comisión Europea ten previsto desenvolver a iniciativa e, por tanto, incluíu na súa proposta para o próximo programa Erasmus+. Se o Parlamento Europeo e o Consello están de acordo coa proposta, outro millón e medio de mozos de 18 anos poderán viaxar entre 2021 e 2027, co respaldo dun orzamento de 700 millóns de euros.

DiscoverEU é unha iniciativa da UE sobre a base dunha proposta do Parlamento Europeo, que garantiu o seu financiamento para 2018 a través dunha acción preparatoria. A iniciativa céntrase nos mozos de 18 anos, xa que esa idade supón un importante paso á idade adulta.

Para máis información pincha aquí

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante