Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

25/04/2018

A Escola Galega de Administración Pública lanza un curso sobre a UE e as súas fontes de financiamento para o sector cultural

EGAP.jpg
  • A  Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca un curso sonbre a Unión Europea e as súas fontes de financiamento para o sector cultural.
  • O curso está dirixido aos colectivos de empregados públicos de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2018. No seu plan de formación continua, a Escola Galega de Administración Pública convoca un novo curso sobre a Unión Europea e as súas fontes de financiamento par o sector cultural.

A formación, que terá un carácter eminentemente práctico, incluirá tanto a exposición da estrutura das institución que conforman a UE, analizando as funcións que teñen encomendadas, como a formación nas diferentes fontes de financiamento europeo que poden ser aplicables a proxectos culturais, tocando programas como Europa Creativa, Erasmus+ ou Horizonte 2020. 

Destinatarios
Os destinatarios desta formación, especialmente dirixida ao personal da Secretaría Xeral de Cultura, son o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional así coma das entidades locais e do persoal de administración e servizos do Sistema Universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

O curso, de carácter presencial, conta cun total de 35 prazas e desenvolverase en Santiago de Compostela do 24/09/2018 ao 03/10/2018.

A matrícula está aberta ata o vindeiro 3 de maio. 

Para máis información pódese consultar a ficha do curso.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante