Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

12/04/2018

Se es estudante de Xornalismo, participa no Programa Youth4Regions 2018!

4247F_1523526222_youth4regions.png
A Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana (DG Regio) da Comisión Europea anima aos estudantes de xornalismo de todos os Estados membros a comunicar sobre proxectos cofinanciados polos Fondos Europeos de Cohesión e de Desenvolvemento Rexional a través de programa Youth4Regions. Os gañadores, un por Estado membro, terán a oportunidade de viaxar a Bruxelas e formar parte do programa de comunicación da Semana Europea das Rexións e das Cidades, que, este ano, se celebrará entre o 7 e o 11 de outubro. 

Por segundo ano consecutivo, a Comisión Europea pon en marcha este concurso entre os estudantes de Xornalismo de toda Europa coa finalidade de formar aos futuros especialistas en Política Rexional. Pódese participar cun artigo, de entre 400 e 1.000 palabras, ou cun vídeo informativo de máximo 3 minutos. O proxecto a comunicar debe ser cofinanciado polos fondos europeos de cohesión e desenvolvemento rexional e apoiar un crecemento intelixente, inclusivo e sostible; particularmente, a creación de emprego. 

O aloxamento e viaxe a Bruselas estará cuberto pola Comisión e ademais os gañadores conseguirán: 
Experiencia laboral práctica como xornalistas cubrindo o maior evento de desenvolvemento rexional de Europa
Formación en xornalismo, comunicación e política rexional
A oportunidade de coñecer outros estudantes de xornalismo de toda Europa
A oportunidade de publicar os seus artigos na páxina web de DG Regio e na revista Panorama

O prazo de solicitude remata o 29 de xuño ás 23.59. Os estudantes poden presentar as súas historias nunha das 24 linguas oficiais da Unión Europea.

Máis información sobre o programa Youth4Regions 2018 aquí


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante