Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

09/10/2017

A Comisión adopta unha iniciativa para impulsar a formación de aprendices en Europa

Imaxe de alumnos de Formación Profesional na UE. © Unión Europea
  • A Comisión Europea adoptou unha proposta de Marco Europeo para unha Formación de Aprendices de Calidade e Eficaz
  • Esta iniciativa, en forma de recomendación do Consello, inscríbese na Nova Axenda de Capacidades para Europa, que se puxo en marcha en xuño de 2016
  • A Recomendación, baseada nunha ampla consulta, identifica catorce criterios que os Estados membros e as partes interesadas deben utilizar para desenvolver unha formación de aprendices de calidade e eficaz

Bruxelas, 9 de outubro de 2017. A Comisión Europea adoptou o pasado xoves unha proposta de Marco Europeo para unha Formación de Aprendices de Calidade e Eficaz. Esta iniciativa, en forma de recomendación do Consello, inscríbese na Nova Axenda de Capacidades para Europa, que se puxo en marcha en xuño de 2016. Tamén está vinculada co alicerce europeo de dereitos sociais, que ampara o dereito a educación, formación e aprendizaxe permanente inclusivos e de calidade. A Recomendación, baseada nunha ampla consulta, identifica catorce criterios que os Estados membros e as partes interesadas deben utilizar para desenvolver unha formación de aprendices de calidade e eficaz. Esta iniciativa contribuirá a aumentar a empleabilidade e o desenvolvemento persoal dos aprendices e, por tanto, ao desenvolvemento dunha man de obra altamente capacitada e cualificada, que responda as necesidades do mercado laboral.

Valdis Dombrovskis, vicepresidente do Euro e o Diálogo Social, tamén responsable de Estabilidade Financeira, Servizos Financeiros e Unión dos Mercados de Capitais: «Moitas veces, unha formación de aprendiz pode ser o banzo que está a necesitar un mozo para iniciar con forza a súa carreira. As propostas teñen o obxectivo de axudar a mellorar esta valiosa experiencia de formación, de maneira que beneficie tanto aos empleadores como aos alumnos. A nosa finalidade é facilitar a integración dos mozos no mercado de traballo, sen deixar de respectar a diversidade dos sistemas de educación e formación dos Estados membros.» Pola súa banda, Marianne Thyssen, comisaria de Emprego, Asuntos Sociais, Capacidades e Mobilidade Laboral, manifestou que «queremos asegurarnos de que os mozos aprendan as capacidades que necesitan para traballar. A formación de aprendices é a norma de referencia na educación e a formación profesionais. Dous de cada tres aprendices traballan directamente despois de finalizar a súa educación. Co novo Marco que se presenta definimos o que dá realce á formación de aprendices. Unha vez adoptado, o Marco garantirá que os alumnos e os empleadores benefíciense de sistemas de formación de aprendices de calidade

A fin de avaliar a calidade e a eficacia dos sistemas de formación de aprendices, o Marco proposto establece sete criterios sobre as condicións de aprendizaxe e de traballo:

1)        contrato por escrito; 2) resultados da aprendizaxe; 3) apoio pedagóxico; 4) compoñente relativo ao lugar de traballo; 5) remuneración ou compensación; 6) protección social; 7) condicións de traballo, saúde e seguridade.

 

Tamén propón sete criterios sobre as condicións marco:

8) marco regulamentario; 9) participación dos interlocutores sociais; 10) apoio para as empresas; 11) itinerarios flexibles e mobilidade; 12) orientación profesional e concienciación; 13) transparencia; 14) aseguramento da calidade e seguimento dos titulados.

 

A Comisión apoia a aplicación destes criterios mediante a financiamento pertinente da UE. O Fondo Social Europeo achega por si só ata 27 000 millóns de euros á educación e a formación, e a UE tamén apoia a formación de aprendices con outros instrumentos. Ata agora, a Alianza Europea para a Formación de Aprendices mobilizou máis de setecentas cincuenta mil ofertas de formación para mozas. No marco da Garantía Xuvenil ofrecéronse xa polo menos trescentas noventa mil formacións de aprendiz, xa que esta é unha das catro opcións que deben ofrecerse aos mozos tras catro meses de desemprego. Erasmus+ apoia a mobilidade dos aprendices, en particular coa nova iniciativa ErasmusPro, dirixida a apoiar cincuenta mil períodos de colocación de alumnos de formación profesional en empresas no estranxeiro no período 2018-2020. A medida que van dando os seus froitos os esforzos por ampliar a oferta de formación de aprendices, adquire maior importancia saber cales son os criterios de éxito. Isto é o que ofrece o novo Marco.

 

Próximas etapas

A proposta será debatida polos Estados membros con vistas á súa adopción polo Consello. A Comisión está a preparar un novo conxunto de servizos de apoio para axudar aos Estados membros e ás partes interesadas a implementar o Marco mediante o intercambio de coñecementos, a creación de redes e as actividades de aprendizaxe entre iguais.

Esta iniciativa tamén se promoverá a través da Alianza Europea para a Formación de Aprendices e mediante campañas de concienciación como a Semana Europea da Capacitación Profesional, que ten lugar por segundo ano e organizarase do 20 ao 24 de novembro de 2017.

 

Antecedentes

A formación de aprendices, combinación da aprendizaxe na escola e a formación no lugar de traballo, facilita a transición dos mozos desde a educación e a formación cara ao traballo. Actualmente hai ao redor de 3,7 millóns de aprendices que reciben formación en Europa. Esta cifra debe compararse cos aproximadamente 20 millóns de estudantes universitarios. Algúns Estados membros teñen tradicións moi longas e eficaces con este tipo de formación. Outros están apenas establecendo ou consolidando os seus sistemas de formación de aprendices. En xeral, entre o 60 e o 70 % dos aprendices traballan directamente despois da súa formación; nalgúns casos, chégase ata o 90 %.

A proposta dun Marco Europeo para unha Formación de Aprendices de Calidade e Eficaz contribúe a conseguir os obxectivos da prioridade da UE en materia de emprego, crecemento e investimento e respecta a diversidade dos sistemas nacionais. Forma parte da Nova Axenda de Capacidades para Europa, que pretende mellorar a calidade e a pertinencia das capacidades adquiridas. Unha das prioridades é facer que a educación e a formación profesionais sexan realmente a primeira opción para un maior número de persoas. Préstase especial atención á participación das pemes, que se revelou como un factor salientable de éxito en moitos países.

A presente proposta chega no contexto político da Declaración de Roma, do 25 de marzo de 2017, na que os dirixentes europeos prometeron traballar para conseguir «unha Unión na que os mozos reciban a mellor educación e formación e poidan estudar e atopar traballo en todo o continente».

A iniciativa contribúe tamén á realización do alicerce europeo de dereitos sociais, cuxo primeiro principio é que toda persoa ten dereito a educación, formación e aprendizaxe permanente inclusivos e de calidade.

A iniciativa proposta dá tamén continuidade á Comunicación de 2016 titulada «Investir na mocidade de Europa», na que a Comisión anunciou a posta en marcha dun marco para a formación de aprendices. Baséase en importantes contribucións dos interlocutores sociais europeos.

Esta iniciativa complementa as iniciativas da Comisión para reforzar a educación e a formación profesionais (EFP), en concreto o Marco de Calidade para os Períodos de Prácticas xa existente.

Nos tres últimos anos, o desemprego xuvenil descendeu con máis rapidez que a taxa xeral de desemprego, do 21,4 % en 2014 ao 16,7 %, aínda que segue estando bastante por encima da media da Unión (7,6 % en agosto de 2017).

Fonte: Comisión Europea


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante