Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

18/05/2020

O Eurogrupo examina a rede de seguridade tripla acordada en abril

4950F_1589812118_Eurogrupo__15_de_maio.jpg
O Eurogrupo, na súa composición ampliada ós 27 Estados membros, reuniuse mediante videoconferencia para tratar o estado da situación das medidas acordadas o pasado mes de abril. Ademais, acordáronse algunhas características do Fondo de Recuperación e a Comisión Europea informou sobre a segunda modificación do Marco Temporal de Axudas de Estado. 

Bruxelas, 19 de maio de 2020- Unha semana despois de que se concretasen as características do Instrumento de Apoio ante a Crise Pandémica, o Eurogrupo volveu reunirse para tratar os seguintes temas: 

RESPOSTA ECONÓMICA Á CRISE SANITARIA 

O Eurogrupo examinou os progresos relacionados coa rede de seguridade tripla acordada na reunión mantida entre os días 7 e 9 de abril, a cal sería referendada o 26 de abril polo Consello Europeo

  • Protección dos orzamentos nacionais con liñas de crédito do MEDE:  o Consello de Gobernadores do Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE) confirmou formalmente a elixibilidade de todos os EEMM da zona euro, polo que o Instrumento de Apoio ante a Crise Pandémica xa está operativo. Este Instrumento, que podería activar ata 240 000 millóns de euros no marco do MEDE, estaría dispoñible ata que finalice a crise sanitaria. O único requisito para acceder á liña de crédito será que os EEMM que a soliciten se comprometan a empregala para apoiar o financiamento nacional dos custos relacionados coa atención médica, a cura e a prevención directa e indirecta da crise sanitaria. Isto non poderá representar máis do 2% do PIB a finais de 2019 do Estado membro correspondente.  
  • Protección dos traballadores mediante un instrumento temporal chamado SURE: o Eurogrupo celebrou o acordo político ó que chegaron os representantes permanentes da UE sobre o instrumento de apoio temporal denominado SURE (Support to mitigate Unemployment Risks in an Emergency) O Regulamento de SURE será adoptado formalmente polo Consello mediante procedemento escrito nos próximos días. SURE podería facilitar ata 100 000 millóns de euros en préstamos ós EEMM que o precisen para sufragar os custos directamente relacionados coa creación ou a ampliación dos réximes nacionais de redución do tempo de traballo. SURE estará dispoñible unha vez que todos os Estados membros aporten as súas garantías (importe que ascenderá a un total de 25 000 millóns de euros) e permanecerá operativo ata o 31 de decembro de 2020. 
  • Protección das empresas co apoio do BEI: o Banco Europeo de Investimento (BEI) está acordando os últimos detalles dun fondo de garantía de 25 000 millóns de euros que intensificará o apoio ás empresas europeas (especialmente ás pemes) nos 27 EEMM con unha dotación de ata 200 000 millóns de euros. Este fondo de garantía serviría de escudo protector para as empresas europeas que se enfrontan á escaseza de liquidez. O obxectivo é que este fondo sexa operativo o 1 de xuño de 2020. 

Así mesmo, mantívose un debate estratéxico sobre as prioridades da recuperación económica da UE, facendo fincapé no futuro Fondo de Recuperación, que debe ser “temporal, específico e acorde ós custos extraordinarios da crise” e vinculado ó orzamento da UE, apoiando a recuperación económica dos EEMM na súa saída da crise. Tal e como sinalou Mário Centeno, presidente do Eurogrupo “completáronse as liñas xa convidas con un debate estratéxico sobre as súas características, o seu deseño, a súa envergadura e as prioridades da recuperación


MARCO TEMPORAL DE AXUDAS DE ESTADO 

A Comisión Europea informou ó Eurogrupo sobre a segunda modificación do Marco Temporal, que amplía o seu ámbito de aplicación ó establecer criterios en función dos cales os Estados membros poden facilitar ás empresas que así o precisen recapitalizacións e débeda subordinada. O Marco Temporal foi adoptado o 19 de marzo de 2020 para axudar ós EEMM a soster a súa economía durante a crise da COVID-19 


Fonte: Consello da UE

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante