Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/02/2020

O Parlamento Europeo debate sobre o orzamento a longo prazo da Unión Europea

O presidente do Parlamento Europeo, o italiano David Sassoli. Fonte: © European Union 2020. Fotógrafo: Dati Bendo.jpg
  • A Eurocámara insiste en reclamar un ambicioso marco financeiro plurianual para o período 2021-2027 que garanta o financiamento adecuado para a loita contra o cambio climático, a investigación, a dixitalización, o apoio aos mozos e as pemes, as comunidades rurais, os agricultores e as rexións máis pobres de Europa, entre outros aspectos.
Bruxelas, 11 de febreiro de 2020. O pleno da Eurocámara examinará este mércores 12 de febreiro a partir das 9.00 horas, xunto co Consello e a Comisión Europea, as súas prioridades para o próximo orzamento da UE, días antes de que se celebre o cumio extraordinario sobre esta materia.

O Parlamento Europeo insiste en reclamar un ambicioso marco financeiro plurianual para 2021-2027 que garanta o financiamento adecuado para a loita contra o cambio climático, a investigación, a dixitalización, o apoio aos mozos (Erasmus+, o emprego xuvenil) e as pemes, sen sacrificar o apoio ás comunidades rurais, os agricultores e as rexións máis pobres. Tamén é necesario asegurar fondos para así facer fronte ás consecuencias da crise financeira, a migración e as cuestións de seguridade.

Neste sentido, os xefes de Estado ou de Goberno da UE examinarán o proxecto de orzamento a longo prazo durante un Consello Europeo convocado para o próximo 20 de febreiro. Os Estados membros aínda non contan cunha posición común.

O Parlamento adoptou a súa posición en novembro de 2018, tras a presentación da proposta da Comisión Europea en maio dese mesmo ano. Con todo, o Parlamento debe dar a súa aprobación ao marco orzamentario.

Marco Financeiro Plurianual
Pode consultar as preguntas frecuentes sobre o Marco Financeiro Plurianual (MFP) -en inglés- e esta lista coas ligazóns máis importantes para así obter unha información completa e actualizada sobre as negociacións orzamentarias.

Próximos Pasos
O presidente da Eurocámara, David Sassoli, dará unha conferencia de prensa sobre o marco financeiro plurianual o vindeiro mércores 12 de febreiro ás 13:00 horas.

Unha conferencia de prensa dos relatores do Parlamento Europeo que participan nas negociacións relacionadas co  MFP, co Consello de Erasmus, Europa Creativa e o Corpo Europeo de Solidariedade está programada o mércores ás 15:00.

Pode ver o debate no pleno a través de EP Live, e EbS+.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante