Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

06/02/2020

O Comité Europeo das Rexións considera conveniente unha revisión do Pacto de Estabilidade e Crecemento

O presidente Lambertz xunto á comisaria de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira no CdR. Fonte: © European Union 2020. Fotógrafa: Debora Teixeira.jpg
  • As cidades e rexións europeas recomendan unha revisión das normas fiscais da Unión que sexa favorable ao investimento.
  • Así mesmo, o órgano europeo recomenda excluír o cofinanciamento da política de cohesión da UE dos cálculos do déficit para garantir a plena mobilización do investimento público nacional, rexional e local.
Bruxelas, 6 de febreiro de 2020. O Comité Europeo das Rexións (CdR) acolleu hoxe con satisfacción o enfoque da Comisión Europea de iniciar a revisión das normas orzamentarias da UE co fin de consultar a todas as partes interesadas. O conxunto actual de normas mostrou os seus límites, especialmente no que respecta ao estímulo do investimento público durante a crise financeira e a fase de recuperación. As autoridades locais e rexionais europeas son responsables dun terzo do gasto público e realizan máis da metade do investimento público. Os seus investimentos aínda non se recuperaron totalmente e mantéñense ao redor dun cuarto por baixo do máximo de 2009, pasando do 2,1 do PIB ao 1,6% do PIB en 2018, o que representa uns 80.000 millóns de euros de investimentos públicos que faltan soamente en 2018.

Unha "regra de ouro" da contabilidade pública é unha das recomendacións recorrentes propostas por parte das cidades e rexións representadas no Comité Europeo das Rexións. Con todo, unha maior flexibilidade na aplicación do Pacto de Estabilidade e Crecemento (PEC) segue sendo a principal recomendación do CdR para a revisión do marco de gobernanza económica, lanzada o 5 de febreiro pola Comisión Europea. O Comité considera recomendable excluír o cofinanciamento da política de cohesión da UE dos cálculos do déficit para garantir así a plena mobilización do investimento público nacional, rexional e local.

Así se expresaba o presidente do CdR, Karl-Heinz Lambertz, ao respecto: «Os últimos anos demostraron que o respecto das normas vixentes produciuse á conta dunha redución do investimento público nacional, local e rexional que afectaba directamente aos cidadáns de Europa. A política de cohesión é o instrumento de investimento máis importante que teñen as cidades e rexións, non só para cumprir coas cuestións ecolóxicas, senón tamén para crear postos de traballo decentes, investir en infraestruturas e capital humano e reducir as disparidades territoriais. No PEC necesitamos diferenciar entre o investimento que axuda ás nosas cidades, rexións e economías a crecer e outros gastos. Necesitamos introducir unha regra de ouro para protexer os investimentos a longo prazo e que favorezan o crecemento, e excluír o cofinanciamento dos proxectos da política de cohesión por parte dos Estados membros e os entes locais e rexionais dos cálculos do déficit no marco do PEC», finalizou Karl-Heinz Lambertz.

Seguintes pasos
O Comité Europeo das Rexións iniciará un novo mandato quinquenal o próximo 12 de febreiro e participará activamente na consulta iniciada pola Comisión Europea.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante