18/11/2019
O Consello da UE e o Parlamento Europeo chegan a un acordo sobre o orzamento da UE para o ano 2020
- O total dos compromisos fixouse en 168.700 millóns de euros aproximadamente, o que representa un aumento do 1,5% respecto ao orzamento de 2019.
Bruxelas, 18 de novembro de 2019. O Consello e o Parlamento Europeo alcanzaron hoxe un acordo sobre o orzamento da UE para 2020, que se centra especialmente no crecemento e a competitividade, a loita contra o cambio climático e outras prioridades da UE, como a seguridade e a xestión da migración.
O total dos compromisos fixouse en 168.700 millóns de euros. Isto supón un aumento do 1,5% en comparación co orzamento de 2019 modificado. Mantivéronse dispoñibles 1.500 millóns de euros dentro dos límites máximos de gasto do marco financeiro plurianual para 2014-2020, o que permite á UE reaccionar ante necesidades imprevistas.
Os pagos totais ascenden a 153.600 millóns de euros, cun aumento do 3,4% a partir de 2019. Este aumento reflicte a continua execución dos programas 2014-2020 a toda velocidade. O obxectivo é garantir a puntualidade dos pagos aos beneficiarios e evitar unha acumulación substancial de solicitudes de pago nos próximos anos, en particular en relación coa política de cohesión.
As cifras acordadas se basean na premisa de que o Reino Unido seguirá participando plenamente no financiamento e execución do orzamento da UE para 2020.
Así o explicaba Kimmo Tiilikainen, secretario de Estado no Ministerio de Facenda de Finlandia e negociador principal do Consello para o orzamento da UE en 2020: «O orzamento do próximo ano reforza o apoio ás áreas prioritarias da UE e aos programas máis eficaces. Tamén garante un enfoque realista, tendo en conta os intereses dos contribuíntes e a necesidade de facer fronte aos novos retos que poidan xurdir en 2020. Gustaríame destacar, en particular, a iniciativa de facer máis "verde" o orzamento da UE e garantir que funciona en apoio da axenda climática da UE».
Os Estados membros da Unión fixáronse o obxectivo de dedicar polo menos o 20% do gasto da UE á protección do clima no período 2014-2020. Para contribuír á consecución deste obxectivo, o Parlamento e o Consello da UE acordaron facer maior fincapé nas accións relacionadas co clima en varios ámbitos, como a investigación e o desenvolvemento (Horizonte 2020), as infraestruturas de transporte e enerxía (Mecanismo Conectando Europa) e a acción exterior da UE. Tamén se asignaron fondos adicionais ao programa europeo LIFE, que recibirá 590 millóns de euros, e á Axencia Europea de Medio Ambiente para a contratación de novo persoal (+6 millóns) para apoiar a loita contra o cambio climático.
Outros elementos importantes do acordo sobre o orzamento da UE para 2020 son os seguintes:
- A fin de apoiar o crecemento e a competitividade, se asignaron 25.300 millóns de euros (un 7,9% máis que en 2019) a programas do subtítulo 1º (competitividade para o crecemento e o emprego). Isto inclúe máis fondos para Horizonte 2020 (13.500 millóns de euros en total, un +8,8%), os sistemas europeos de navegación por satélite EGNOS e Galileo (1.200 millóns de euros, un +74,8 %) e o capítulo enerxético do Mecanismo Conectando Europa (1.300 millóns de euros, +35%). O programa Erasmus+ recibirá 2.900 millóns de euros (un +3,6 %) para apoiar os intercambios de mozos.
- Para loitar contra o desemprego xuvenil nas rexións máis afectadas, a dotación da Iniciativa para o Emprego dos Mozos fixouse en 145 millóns de euros.
- Nos ámbitos da seguridade e a migración, asignáronse 949 millóns de euros ao Fondo de Asilo, Migración e Integración para a xestión da migración, incluído o apoio aos Estados membros de primeira liña. O Fondo de Seguridade Interior recibirá 501 millóns de euros. En comparación con 2019, proporcionarase financiamento adicional a varias axencias, incluída a contratación de novo persoal por parte de FRONTEX (+191 millóns), a Oficina Europea de Apoio ao Asilo (+82 millóns), Europol (+24 millóns) e a Fiscalía Europea (+10 millóns). Pola súa banda, Eurojust recibirá 3,7 millóns de euros adicionais.
- Os instrumentos de acción exterior da UE reforzáronse para cubrir a contribución da UE ao compromiso de Siria, tal como acordouse na Conferencia de Bruxelas III sobre Siria, e para combater as causas profundas da migración a través da ventá norteafricana do Fondo Fiduciario da UE para África.
- Do mesmo xeito que en 2018 e 2019, os fondos de preadhesión para Turquía reducíronse significativamente en comparación co proxecto de orzamento proposto pola Comisión (-85 millóns de euros) dado o afastamento de Turquía dos valores da UE. Por outra banda, proporcionáronse máis fondos para os Balcáns Occidentais.
Próximos pasos
O Parlamento Europeo e o Consello da UE dispoñen agora de 14 días para aprobar formalmente o acordo alcanzado. Espérase que o Consello o aprobe o próximo 25 de novembro. A votación no Parlamento Europeo está prevista para o día 27 de novembro.
Títulos
|
Orzamento da UE para 2020 (en millóns de euros)
|
Compromisos
|
Pagos
|
1.
Crecemento intelixente e inclusivo
|
83.931
|
72.351
|
- 1a. Competitividade para o crecemento e o emprego
|
25.285
|
22.308
|
- 1b. Cohesión económica, social e territorial
|
58.646
|
50.043
|
2.
Crecemento sustentable: recursos naturais
|
59.907
|
57.905
|
3.
Seguridade e cidadanía
|
3.729
|
3.685
|
4.
Europa global
|
10.262
|
8.929
|
5.
Administración
|
10.272
|
10.275
|
Instrumentos
especiais
|
588
|
419
|
TOTAL
|
168.688
|
153.563
|
En
% do PIB da UE28
|
0.99%
|
0.90%
|