Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

16/04/2019

A Unión Europea reforza os seus sistemas de supervisión financeira para lograr uns mercados máis seguros

A UE reforza os seus sistemas de supervisión financeira para lograr uns mercados máis seguros. Fonte: © European Union, 2017. Fotógrafo: Lukasz Kobus.jpg
  • O Parlamento Europeo acaba de aprobar novas normas para unha mellor adaptación á evolución dos mercados.
  • Esta nova normativa supoñerá máis protección para os consumidores.
  • A Autoridade Bancaria Europea tamén combaterá o branqueo de diñeiro.
Bruxelas, 16 de abril de 2019. O Parlamento Europeo aprobou hoxe novas normas para reforzar os sistemas de supervisión financeira da UE a fin de conseguir uns mercados máis seguros, combater o branqueo e protexer mellor aos consumidores. A nova lei, xa acordada cos ministros da Unión Europea, actualiza as autoridades europeas de supervisión financeira da UE que se estableceron no ano 2010.

Grazas a esta reforma, os consumidores, investidores e empresas europeos beneficiaranse de mercados financeiros máis seguros e integrados, un elemento esencial para completar a Unión bancaria e a Unión dos mercados de capital, claves á súa vez para un mercado único sólido. A lei tamén inclúe disposicións para promover produtos financeiros que apoian iniciativas ambientais, sociais e de bo goberno.

Máis poder aos supervisores financeiros
A revisión da arquitectura dos organismos supervisores aumentará as responsabilidades dos órganos de control da UE nos ámbitos da banca, os mercados de valores e financeiros e os seguros e pensións, mellorando ao mesmo tempo a súa estrutura de goberno. Isto permitiralles adaptarse a mercados cada vez máis complexos, garantindo a protección dos consumidores e os contribuíntes, e resolver as controversias e violacións da lexislación da UE con maior eficacia.

Axuda aos consumidores e ao financiamiento sustentable
Para asegurar unha aplicación uniforme das normas da UE e promover unha verdadeira Unión de mercados de capitais, a reforma asigna á Autoridade Europea de Mercados e Valores (AEVM) poderes de supervisión directos en sectores específicos, como os mercados de instrumentos financeiros e os indicadores financeiros.

A AEVM tamén coordinará as accións nacionais nos ámbitos de Tecnoloxía Financeira (FinTech) e promoverá mecanismos de financiamento sustentable, incluídos á hora de efectuar os exames de tensións á banca europea para identificar que actividades poderían ter un efecto negativo no medio ambiente.

Os consumidores beneficiaranse das novas competencias asignadas ás autoridades, como a de coordinar as actividades de compra de incógnito deseñadas para valorar o cumprimento da lei, e a posibilidade prohibir ou restrinxir certas actividades financeiras consideradas prexudiciais para os consumidores.

Loita contra o branqueo de capitais
Finalmente, a nova lei reforza o mandato da Autoridade Bancaria Europea (EBA), que se encargará de evitar que o sistema financeiro utilícese para branquear diñeiro ou financiar o terrorismo. Concretamente, a EBA agora terá o poder de adoptar medidas para previr e combater o lavado de diñeiro e o financiamento de actividades terroristas. As autoridades nacionais estarán obrigadas a proporcionar á EBA a información necesaria para identificar as debilidades no sistema financeiro da UE con respecto ao lavado de diñeiro.

O acordo final aprobouse por 521 votos a favor, 70 en contra e 65 abstencións. Agora, os ministros da UE terán que confirmar formalmente o acordo antes de que a reforma entre en vigor.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante