Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/06/2018

Orzamento da UE: Desenvolvemento rexional e política de cohesión despois de 2020

Orzamento da UE.jpg
Bruxelas, 7 de xuño de 2018. Para o próximo orzamento da UE (2021-2027), a Comisión propón modernizar a política de cohesión, a principal política de investimento da UE e unha das súas manifestacións de solidariedade máis concretas.Os recursos seguiranse destinando ás rexións que máis necesitan alcanzar ao resto da UE. Ao mesmo tempo, a política de cohesión continuará sendo unha ligazón sólida e directa entre a UE e as súas rexións e cidades.

A economía da UE está a recuperarse, pero necesítanse novos esforzos de investimento para emendar as diferenzas que persisten, tanto nacionais como entre os Estados membros. Cun orzamento de 373.000 millóns de euros en compromisos para 2021-2027, a futura política de cohesión ten o potencial de investimento para contribuír a compensar estas disparidades. 

As principais características da proposta da Comisión para unha política de cohesión modernizada son as seguintes:

1. Fincapé nas prioridades fundamentais de investimento: A maior parte dos investimentos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Cohesión destinaranse á innovación, o apoio ás pequenas empresas, as tecnoloxías dixitais e a modernización industrial, así como á transición cara a unha economía circular e con baixas emisións de carbono e a loita contra o cambio climático, cumprindo así o Acordo de París.

2. Unha política de cohesión para todas as rexións e un enfoque máis adaptado do desenvolvemento rexional:
  • Investimento en todas as rexións: As rexións da UE que seguen á zaga en termos de crecemento ou ingresos, situadas no seu maior parte no sur e o leste de Europa, continuarán beneficiándose de importantes axudas da UE. A política de cohesión seguirá investindo en todas as rexións, xa que moitas delas por toda Europa (tamén nos Estados membros máis ricos) esfórzanse por lograr a transición industrial, loitar contra o desemprego e manterse á boia nunha economía globalizada.
  • Un enfoque adaptado: A política de cohesión ten tres categorías de rexións: as rexións menos desenvolvidas, as rexións en transición e as rexións máis desenvolvidas. O PIB  per  cápita segue sendo o criterio predominante para asignar fondos, a fin de reducir as disparidades e axudar a que as rexións de baixa renda e baixo crecemento se poñan ao día. Ademais, introdúcense novos criterios para reflectir mellor a realidade sobre o terreo, como o desemprego xuvenil, un baixo nivel educativo, o cambio climático e a acollida e integración dos migrantes.
  • Xestión local: A política de cohesión 2021-2027 representa unha Europa que  empodera, apoiando estratexias de desenvolvemento con xestión a nivel local. As autoridades locais, urbanas e territoriais participarán máis na xestión dos fondos da UE, e o aumento das porcentaxes de  cofinanciación mellorará a apropiación dos proxectos financiados pola UE en rexións e cidades. 
3. Menos normas, máis claras e  concisas, e un marco máis flexible:
  • Simplificación do acceso aos fondos: A Comisión propón reducir a complexidade das normas no próximo orzamento da UE a longo prazo, con menos burocracia e menos procedementos de control para as empresas e os empresarios que se benefician da axuda da UE.
  • Un código normativo único: Un conxunto de normas abarca agora sete fondos da UE aplicados en asociación cos Estados membros («xestión compartida»), o que facilitará a tarefa dos xestores de programas dos fondos da UE. Tamén permitirá sinerxias, por exemplo entre os fondos da política de cohesión e o Fondo de Asilo e Migración no que respecta á formulación de estratexias de integración local para os inmigrantes. O marco tamén permite vínculos máis eficientes con outros fondos procedentes do conxunto de instrumentos orzamentarios da UE; por exemplo, os Estados membros poden optar por transferir unha parte dos seus recursos da política de cohesión ao programa InvestEU.
  • Adaptación ás necesidades: O novo marco tamén combina a estabilidade necesaria para planificar os investimentos a longo prazo co nivel adecuado de flexibilidade que permita reaccionar ante acontecementos imprevistos. Unha avaliación intermedia determinará se se necesita efectuar cambios nos programas para os dous últimos anos do período de financiamento e poderanse realizar transferencias limitadas de recursos dentro dos programas dos fondos da UE.
4. Un vínculo reforzado co Semestre Europeo a fin de mellorar a contorna para o investimento en Europa: A Comisión propón reforzar o vínculo entre a política de cohesión e o Semestre Europeo, a fin de crear unha contorna de crecemento e favorable para as empresas en Europa, de maneira que os investimentos da UE, así como as nacionais, poidan alcanzar todo o seu potencial. Este apoio máis enérxico da política de cohesión ás reformas estruturais garantirá a plena complementariedade e coordinación co novo e mellorado Programa de Apoio ás Reformas.






© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante