Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Nome do proxecto

55+ Employability Learning Environment

Programa

Programa de Aprendizaxe Permanente

Subprograma

Leonardo

Acrónimo

ELE-55+

Duración

24 meses (2008-2010)

Resumo

O envellecemento da forza de traballo en Europa fai necesaria a existencia dun entorno de aprendizaxe flexible, posto que moitas pemes e moitos traballadores de máis de 55 anos non están preparados para enfrontarse a este reto. Por unha banda, as pemes non valoran o suficiente aos seus empregados maiores, debido aos estereotipos e á falta de coñecementos e consultoría. Están nunha ”trampa demográfica”, non saben como xestionar a súa nova forza de traballo: persoas de máis de 55 anos e menos empregados novos. Por outra banda, ás persoas de máis de 55 anos non lles apetece quedar máis tempo no traballo por falta de oportunidades flexibles e habilidades adecuadas ás novas realidades. Por tanto, ambos grupos obxectivos necesitan ter acceso a oportunidades e servizos de aprendizaxe permanente relativos á empleabilidad, para poder entender mellor e respectar as súas culturas e atopar solucións conxuntas para o seu beneficio mutuo.

Líder do proxecto

Technical University of Gabrovo (Bulgaria)

Socios

FEMXA FORMACIÓN S.L.
Gabrovo Chamber of Commerce and Industry (Bulgaria)
WBS Training AG (Alemaña)
Pixel Associazione (Italia)
Danmar Computers (Polonia)

Obxectivos

O obxectivo xeral do proxecto é desenvolver un entorno de aprendizaxe para a empregabilidade das persoas de máis de 55 anos, coa finalidade de promover o emprego dos traballadores maiores en toda Europa; o que levará que queden nos seus postos de traballo nas pemes, apreciados como recursos humanos valiosos, contribuíndo deste xeito á competitividade das empresas e ao crecemento persoal e o benestar das persoas de máis de 55 anos.

Actividades


1) Desenvolvemento dunha investigación e unha análise de necesidades entre traballadores de máis de 55 anos e directores de pemes e persoal de recursos humanos.


2) Desenvolvemento dunha plataforma electrónica multifuncional que contará con dúas bases de datos para os grupos obxectivo, un foro de discusión, repositorios sobre lexislación nacional, un área de aprendizaxe, un área de consulta, links a lexislación europea sobre emprego.


3) Desenvolvemento de materiais formativos para os traballadores de máis de 55 anos.


4) Realización dunha proba piloto da formación.


Financiamento

75% de financiamento comunitaria

Entidad galega participante

FEMXA FORMACIÓN S.L.

 

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante