Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Nome do proxecto

Competent Entrepreneur & Competitive Employee

Programa

Programa de Aprendizaxe Permanente

Subprograma

Leonardo

Acrónimo

CECE

Duración

24 meses

Resumo

É un feito coñecido que a populación de estudiantes se beneficiaría de recibir formación específica en competencias clave (ver Estratexia de Lisboa), pero hai menos acordo sobre a mellor maneira de implementalo. O proxecto CECE busca solucionar este problema. Pretende dar a cada persoa a oportunidade de establecer as súas habilidades nun Curriculum de Competencias, utilizando unha ferramenta de detección xa probada (ASTRA). Este Curriculum de Competencias animará á xente a seguir un programa de formación específico e unha metodoloxía probada na República Checa en 10 diferentes competencias + emprendeduría.

Líder do proxecto

Syntra West (Bélxica)

Socios

E.N.T.E.R. (Austria)
RPIC-ViP Ltd. (República Checa)
INIT Developments Ltd. (Alemaña)
North Devon College (Reino Unido)
Academy of Management (Polonia)

Obxectivos

O obxectivo xeral do proxecto é aumentar a adaptabilidade e a empregabilidade da forza de traballo existente e potencial a través do desenvolvemento de competencias clave

Actividades

- Utilizar a ferramenta ASTRA xa desenvolvida e probada e adaptala para detectar as competencias blandas dos empregados, os desempregados e os estudiantes. O software xerará automáticamente unha proposta de formación para os beneficiarios e un curriculum de competencias. Este curriculum de competencias describe as competencias personais de xeito positivo.
- Utilizar a ferramenta ASTRA xa desenvolvida e probada e adaptala para detectar as habilidades e competencias dos emprendedores. O software xerará automáticamente unha proposta de formación.
- Adaptar e traducir os 10 módulos de formación desenvolvidos no proxecto EQUAL checo “Competencias para o mercado laboral” para que os socios do proxecto teñan o material formativo para ensinar/mellorar as competencias clave.
- Adaptar e traducir a formación para chegar a ser un “emprendedor exitoso” para que todos os socios do proxecto teñan o material formativo para ensinar/mellorar as competencias clave dun emprendedor.

Financiamento

75% de financiamento comunitario

Entidad galega participante

Femxa Formación S.L.

Contacto

mdgallego@femxa.com
mtzas@femxa.com

 

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante