Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Nome do proxecto

Intergenerational Learning in Organisations

Programa

Programa de Aprendizaxe Permanente

Subprograma

Grundtvig

Acrónimo

IGLOO

Duración

24 Meses

Resumo

A situación demográfica en Europa está a cambiar. A poboación é cada vez máis vella e necesita prolongar a súa vida laboral. En tempos pasados, normalmente os empregados máis maiores ensinaban aos máis novos como traballar. Pero actualmente os coñecementos técnicos cambian demasiado axiña e o que sucede con frecuencia é que os traballadores máis maiores necesitan aprender dos máis novos. Esto pode causar moitos problemas. Pode ser difícil para traballadores con experiencia ter un xefe máis novo. Por outra banda tamén pode ser difícil para un xefe novo conducir a empregados maiores. Aínda en situacións de formación fóra da empresa un grupo de aprendizaxe heteroxéneo composto por persoas maiores e novas pode causar dificultades. Pero é un feito que a xente terá que aprender a tratar con este tipo de novos plantexamentos.

Líder do proxecto

BFI Tirol (Austria)

Socios

University of Innsbruck, Institute for Educational Sciences (Austria)
University of Molise (Italia)
LiNK MV e.V. (Alemaña)
EUROFORTIS (Letonia)
Femxa Formación S.L. (España)

Obxectivos

O principal obxectivo de este proxecto é desenvolver un modelo de ensino/aprendizaxe innovador que poida ser empregado en empresas e organizacións e que axude a facilitar e incrementar o aprendizaxe interxeracional e o intercambio. Consideramos que non é suficiente por exemplo falar cos xestores de recursos humanos para que creen posibilidades para o intercambio interxeracional nas súas empresas. Aínda que eles coñezan o problema probablemente non saiban como manexalo e resolvelo. É un tema moi delicado e as empresas necesitan apoio. Ata agora este modelo/método non existe. O modelo que propoñemos incluirá os derradeiros resultados científicos sobre capacidades de aprendizaxe e aprendizaxe no lugar de traballo. No será un concepto para un seminario tradicional, senón unha mestura complexa de novas estratexias, entornos e técnicas de aprendizaxe.
O noso segundo gran obxectivo é incrementar a sensibilidade dos empregados e os traballadores respecto á cuestión do aprendizaxe interxeracional en xeral (en toda a Unión Europea). Mentres a xente de as empresas non estea concienciada de que o aprendizaxe interxeracional non é só algo positivo desde un punto de vista personal senón que é un factor crucial para cada persoa e para a empresa como un todo, os cambios non se producirán. Esa es a razón pola que é tan importante plantexar este tema.

Actividades

Financiamento: 75% Financiado pola Comisión Europea

Entidad galega participante

Femxa Formación S.L

 

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante