Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

AMIF-2018-AG-INTE- Integración de nacionais de terceiros países

Programa

FONDO DE ASILO, MIGRACIÓN E INTEGRACIÓN

Obxectivo xeral

Ten como obxectivo accións de sooprte para contribuir a unha xestión eficiente dos fluxos migratorios e a implementación, fortalecemento e desenvolvemento nunha Unión común enfocada no asilo e a inmigración.
Esta convocatoria de propostas inclúe:
- Accións para reducir os incentivos de migración irregular
- Accións relativas á integración de nacionais de terceiros estados nas sociedades dos Estados membros.

Obxectivo específico da convocatoria

Defínense catro obxectivos específicos:
-Fortalecemento e desenvolvemento de todos os aspectos do Sistema de Asilo da Comunidade Europea.
-Soporte legal á migración ós Estados membros En función das súas necesidades económicas e sociais, e necesidades do mercado de traballo, mentres se salvaguarda a integridade dos sistemas de inmigración dos nacionais de terceiros estados.
-Mellora das estratexias de retorno xustas e efectivas nos Estados membros que contribúen a combatir a inmigración ilegal con énfasis na sostenibilidade do retorno e efectiva readmisión nos países de orixen e tránsito 
-Mellorar da solidaridade e a distribución de responsabilidade entre os Estados membros, en particular hacia os máis afectados polos fluxos de migración e asilo, incluíndo a través dunha cooperación práctica. 

Eidos de actuación

Defínense 5 prioridades sobre as que se elaborarán os proxectos:
  • Prioridade 1: Redes locais e rexionais de integración dos nacionais de terceros países
  • Prioridade 2: Proxectos de migración legal con países terceros
  • Prioridade 3: Integración de nacionais de terceros países que son víctimas de trata de seres humanos
  • Prioridade 4: Cuidado de migrantes menores, incluidos menores non acompañados
  • Prioridade 5. Participación das comunidades da diáspora no aumento da sensibilización 

Destinatarios

Os solicitantes e co-solicitantes deben:
- ser persoas xurídicas;
- ser organismos públicos ou entidades sen fins de lucro;
- estar establecidos  nun Estado membro participando en AMIF.
No caso de ser organizacións internacionais poden estar establecidas fóra dos Estados membros da Unión Europea participando en AMIF.

As solicitudes relacionadas coas prioridades 1, 2 y 4 poden ser presentadas por organizacións internacionais. Non poden participar das prioridades 3 e 5.

Socios

Precísase de socios transnacionais para que o proxecto sexa subvencionado.
-Para as prioridadaes 1 e 2 requírese de 3 entidades diferentes de polo menos 2 Estados membros participantes do instrumento de AMIF.
-Para as prioridadaes 3, 4 e 5 requírese dunha asociación de polo menos dúas entidades distintas de polo menos dous Estados membros participantes do instrumento AMIF. No caso da prioridade 5, polo menos un dos socios debe ser unha organización diáspora.

Financiamento

Está limitado a cofinanciar un 90% dos costes totais elexibles da acción. Consecuentemente, parte dos gastos elexibles totais deben ser financiados por fontes alleas á concesión da UE.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total estímse en 16.2 millóns EUR, dos cales corresponden provisionalmente:
6 millóns á prioridade 1;
6 millóns á prioridade 2; 
2.5 millóns á prioridade 3;
1.2 millóns á prioridade 4;
0.5 millóns á prioridade 5.

Duración do proxecto

A duración do proxecto non pode superar os 36 meses para as prioridades 1 e 2 e os 24 meses para o resto de prioridades.
A acción debe comezar entre decembro de 2019 e xaneiro de 2020.

Data de publicación

19/12/2018

Data límite de solicitude

31/01/2019

Contacto

Para preguntas sobre o envío en liña poñerse en contacto a través da seguinte ligazón:

Procuras de Socios

Soporte ás vitimas de trata (Italia) 

A Asociación PIAM Onlus Asti busca socios interesados en participar nun proxecto dentro do marco de AMIF-2018-AG-INTE, Accións transancionais para a integración de nacionais de terceiros países dos estados membros da UE (dunha duración de 24 meses).
Considérase necesaria a mellora de medidas de empoderamento nunha perspectiva de xénero. En particular, trátase de esencial o promover camiños individuais liderados a entrar ó mercado laboral como unha solución duradeira para logar a autonomía socio-económica nas víctimas de trata.

Comentarios

As propostas presentaranse a máis tardar en dita data ás 17.00 horas (hora de Bruselas) a través do Sistema de Presentación Electrónica. Antes de presentar unha proposta os solicitantes e co-solicitantes deben rexistrarse no Rexistro de Beneficiarios e obter o PIC: 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante