Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxecto Piloto - Acceso a internet de banda larga por satélite para contidos multimedia educativos en escolas non conectadas.

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do proxecto piloto é contribuír a avaliar os beneficios dunha conectividade de banda larga vía satélite nas zonas afectadas pola fenda dixital co apoio das autoridades públicas rexionais ou nacionais, como precursor dos beneficios aínda maiores que a Sociedade Europea de  Gigabit poñerá máis tarde ao dispor da maioría.
De acordo con este obxectivo, as entidades autorizadas a participar na convocatoria deben ter unha experiencia clara na implementación de tecnoloxías de telecomunicacións espaciais para a redución da fenda dixital e para a mellora da conectividade.

Obxectivo específico da convocatoria

Por conseguinte, as propostas axudarán á Comisión para alcanzar polo menos os seguintes obxectivos específicos:
Análise das rexións da UE no que respecta a a fenda dixital a longo prazo e aos sectores e poboacións afectados, especialmente no que se refire ás escolas: nas propostas debe figurar a identificación dalgunhas rexións, escolas e outras partes interesadas pertinentes
Avaliación de plans de aplicación sinxelos, eficaces e rendibles (por exemplo, vales) para garantir un fácil acceso á conectividade de banda larga por satélite: as propostas deben presentar solucións que garantan un fácil acceso á conectividade de banda larga por satélite
Avaliación, mediante o despregamento de acceso a Internet de banda larga por satélite nalgunhas escolas non conectadas (”probas de campo”), dos beneficios da distribución por satélite de contidos multimedia educativos que se baseen, na medida do posible, nos datos e servizos ofrecidos polos programas espaciais da Unión
Desenvolvemento de actividades de divulgación e comunicación.

Destinatarios

As propostas poden ser presentadas por consorcios compostos por calquera entidade legal excepto as naturais persoas, tales como:
organizacións sen fins de lucro (privadas ou públicas)
autoridades públicas (nacionais, rexionais, locais)
organizacións internacionais
universidades
institucións educativas
centros de investigación
entidades con fins de lucro

Debido ao limitado alcance do proxecto piloto, só son  elegibles as solicitudes de persoas xurídicas establecidas nos Estados membros da UE (incluídas as rexións  ultraperiféricas). 

Financiamento

Seguir os pasos establecidos no epígrafe 11.5 do documento da convocatoria.

Orzamento total da convocatoria


O orzamento total destinado á presente convocatoria de propostas estímase en 950.000 euros.

Duración do proxecto

A duración máxima dos proxectos é de 24 meses. Non se aceptarán solicitudes para proxectos programados para un período máis longo. As actividades deberán comezar como moi tarde tres meses despois da firma do convenio de subvención.

Data de publicación

19/12/2019

Data límite de solicitude

19/03/2020

Documentación

Contacto


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante