Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2017 - Axuda para medidas de información no ámbito da política de cohesión da UE

Programa

VARIOS

Obxectivo específico da convocatoria

Mediante a presente convocatoria de propostas, a Comisión Europea ten a intención de seleccionar posibles beneficiarios para a aplicación de varias medidas de información cofinanciadas pola UE. A finalidade principal é apoiar a elaboración e difusión de información e contidos relacionados coa política de cohesión da UE, respectando ao mesmo tempo a plena independencia editorial dos actores implicados. Os obxectivos específicos da presente convocatoria de propostas son os seguintes: 

  • promover e favorecer unha mellor comprensión do papel que desempeña a política de cohesión da UE á hora de apoiar a todas as rexións da UE; 
  • dar a coñecer en maior medida proxectos financiados pola UE, especialmente a través da política de cohesión, e do seu impacto na vida dos cidadáns;
  • difundir información e estimular un diálogo aberto sobre a política de cohesión, os seus resultados, o seu papel no que se refire a dar resposta ás prioridades políticas da UE e o seu futuro;
  • fomentar a participación cidadá en asuntos relacionados coa política de cohesión e alentar a participación dos cidadáns no establecemento de prioridades para o futuro desta política. 

Eidos de actuación

As propostas deberán ilustrar e avaliar o papel da política de cohesión na realización das prioridades políticas da Comisión Europea e na forma de abordar os futuros desafíos para a Unión Europea, os seus Estados membros, as súas rexións e o nivel local. Máis especificamente, deberán facer referencia á contribución da política de cohesión aos seguintes aspectos: 

  • o fomento do emprego, o crecemento e o investimento a nivel rexional e nacional e a mellora da calidade de vida dos cidadáns;
  • o logro das principais prioridades da UE e os Estados membros, que inclúen xunto ao crecemento e a creación de emprego, abordar o cambio climático, protexer o medio ambiente ou mellorar a investigación e a innovación, entre outras cousas;
  • o reforzo da cohesión económica, social e territorial na UE, á vez que se reducen as diferenzas entre países e rexións da UE, así como no seo destes; a axuda ás rexións para que aproveiten a globalización e atopen o seu nicho na economía mundial;
  • o reforzo do proxecto europeo, posto que a política de cohesión serve directamente aos cidadáns. 

Destinatarios

Os candidatos admisibles (o solicitante principal e os cosolicitantes, así como, no seu caso, as súas entidades afiliadas) deberán ser unha entidade xurídica establecida e rexistrada nun Estado membro da UE. Son candidatos admisibles, por exemplo:
 
  • os medios de comunicación ou as axencias de noticias (televisión, radio, prensa escrita, medios en liña ou combinacións de distintos medios);
  • as organizacións sen ánimo de lucro;
  • as universidades e institucións de educación;
  • os centros de investigación e grupos de reflexión; 
  • as autoridades públicas (nacionais, rexionais ou locais) que non sexan autoridades de xestión.

Financiamento

A subvención da UE adoptará a forma do reembolso de ata un 80 % os custos subvencionables reais da acción.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento indicativo é de 4 000 000 EUR.

Duración do proxecto

A duración da subvención é de doce meses (do 1 de febreiro de 2018 ao 31 de xaneiro de 2019). 

Data de publicación

26/08/2017

Data límite de solicitude

16/10/2017

Documentación

Contacto

Toda cuestión relativa á presente convocatoria deberá enviarse por correo electrónico, indicando a referencia da publicación, á dirección seguinte: REGIO-CONTRACTS@ec.europa.eu 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante