Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria para a elaboración dunha lista de expertos externos en Política de Cohesión

Programa

VARIOS

Obxectivo xeral

O obxectivo desta convocatoria é establecer unha lista de expertos externos para apoiar a política de cohesión, rexional e desenvolvemento urbano. A convocatoria está aberta a persoas físicas ou, se están empregadas por unha persoa xurídica, representantes autoridades destas entidades.

Destinatarios

Requisitos:



A) Experiencia profesional no campo seleccionado, durante polo menos 7 anos.



B) Nivel C2 nunha das linguas de traballo (inglés, francés ou alemán) e B1 para outra.



C) Non poderán incorrer en ningún motivo de exclusión:



  • Non estar nun proceso de bancarrota ou de regularización fiscal ou administrativa.


  • Non ter sido condenado por conduta profesional indebida por ningunha corte dun Estado Membro.


  • Non ter incorrido nunha conduta profesional indebida con ningunha institución europea ou internacional.


    Non estar ao corrente das obrigas fiscais e coa seguridade social.


  • Non ter sido suxeito dunha investigación sobre fraude, corrupción, asociación ilícita, lavado de diñeiro ou calquera outra actividade ilegal que vaia en detrimento que os intereses financeiros da unión.


  • Non ser suxeito dunha condena administrativa por ser culpable de mala representación ou incumprimento á hora de presentar a información requirida por unha autoridade contratante.


  • Non ter un conflito de intereses co contrato, derivado de intereses económicos, políticos, afinidade nacional, familiar ou emocional.

Financiamento

Establécese un máximo de 130.000 euros por experto, incluíndo remuneración e reembolso. A remuneración será de 750 euros por día traballado, máis axudas.

Duración do proxecto

A lista será válida durante tres anos. Os interesados poden presentar unha solicitude ata tres meses anteriores a que expire a súa validez.

Data de publicación

17/03/2015

Data límite de solicitude

17/03/2018

Documentación

Contacto

Comisión Europea

Dirección General de Política Regional y Urbana

Centro de competencia e crecemento intelixente e sostible

BU-1 04/188

B-1049 Bruxelas

Email: REGIO-CEI-AMI-EXPERTS@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante