Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programas simples: Subvencións a accións de información e de promoción relativas a produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países

Programa

MEDIDAS DE INFORMACIÓN NO ÁMBITO DA POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral das accións de información e de promoción é refrozar a competitvidade do sector agrícola da Unión

Obxectivo específico da convocatoria

-Aumentar o nivel de coñecemento sobre a bondades dos produtos agrícolas da Unión e os elevados estándares que compren os métodos de produción da Unión
-Promover a competitividade e o consumo dos produtos agrícolas da Unión e determinados produtos alimenticios e mellorar a súa visibilidade tanto dentro como fóra da Unión
-Incrementar o coñecemento e o recoñecemento dos réximes de calidade da Unión
-Aumentar a cota de mercado dos produtos agrícolas y de determinados produtos alimenticios da Unión, prestando especial atención aos mercados de terceiros países con maior potencial de crecemento
-Restablecer as condición normais de mercado no caso de perturbacións graves do mercado, pérdida de confianza do consumidor e outros problemas específicos.

Eidos de actuación

As actividades propostas deberán pertencer necesariamente a un dos temas establecidos no Programa de traballo anual de 2019 para os programas simples:
-Prioridade temática 1. Programas simples no mercado interior
  • Tema 1: Programas de información e de promoción destinados a fomentar o coñecemento e o recoñecemento de réximes de calidade da Unión 
-Prioridade temática 2. Programas simples en terceiros países 
  • Tema 2: Programas de información e de promoción destinados a destacar as especificidades dos métodos agrícolas na Unión e as características dos produtos agrícolas e alimentarios e os réximes de calidade da UE 
  • Tema 3: Programas de información e de promoción dirixidos a un ou varios dos seguintes países: China, Xapón, Corea do Sur, Taiwán, a rexión do Sudeste Asiático e sur de Asia (25,25 M EUR).
  • Tema 4: Programas de información e de promoción dirixidos a un ou máis dos seguintes países: Canadá, Estados Unidos, México ou Colombia: 
  • Tema 5: Programas de información e de promoción dirixidos a outras zonas xeográficas
  • Tema 6: Programas de información e promoción destinados a calquera terceiro país no sector das aceitunas de mesa 

Accións subvencionables:
-Xestión do proxecto
-Relacións públicas
-Páxina web, medios sociais
-Publicidade
-Ferramentas de comunicación
-Eventos
-Promoción de puntos de venta

Destinatarios

As propostas de programas simples só poderán ser presentadas por persoas xurídicas u outras entidades que non teñan personalidade xurídica con arregro ao Dereito nacional aplicable
-organizacións profesionais ou interprofesionais establecidas nun Estado membro e que sexan representativas en dito Estado membro do sector ou sectores de que se trate
-organizacións de produtores ou asociación de organización nun Estado membro e que sexan representativas en dito Estado membro do sector ou sectores de que se trate
-organismos do sector agroalimentario que teñen como obxecto e actividade proporcionar información sobre os produtos agrícolas e promocionalos, e aos que os Estados membros encargaron unha misión de servicio público claramente definida neste ámbito. Estes organismos deben ser constituídos legalmente no Estado membro de que se trate polo menos dous anos antes da data da convocatoria de propostas.

Socios

As propostas poder presentarse por unha ou varias entidades (xurídicas) propoñentes do mesmo Estado membro da UE.

Financiamento

A subvención da UE está limitada á taxa de cofinanciación máxima seguinte:
-Programas simples no mercado interior: o 70% dos costes totais
-Programas simples en terceiros países: o 80% dos costes totais
Parte dos gastos subvencionables totais contabilizados no presuposto estimativo deberá financiarse a partir de fontes distintas á subvención da UE (principio de cofinanciación).

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total destinado á cofinanciación de acción en virtude da presente convocatoria exímase en 95 M EUR, divido da seguinte forma:
Tema 1: 12 M EUR
Tema 2: 8 M EUR
Tema 3: 25,25 M EUR
Tema 4: 22 M EUR
Tema 5:  25,25 M EUR
Tema 6: 2,5 M EUR

Duración do proxecto

A acción cofinanciada (acción de información/programas de promoción) executarase ao longo dun período mínimo dun ano e un máximo de tres.
Nas propostas especificarase a duración da acción

Data de publicación

28/01/2019

Data límite de solicitude

16/04/2019

Contacto

Para preguntas sobre a presentación en liña, póñase en contacto co servicio de asistencia informática creado a tal fin a través da páxina web do portal de financiación e licitacións:
https://ec.europa.eu/info/funding-tenders/opportunities/portal/screen/support/helpdesks

Comentarios

As propostas deben presentarse a máis tardas ás 17:00h (hora de Bruselas) a través do sistema de presentación electrónica:
https://ec.europa.eu/info/funding-tenders/opportunities/portal/screen/home

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante