Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas 2018 - Ordenación do espazo marítimo (MSP)

Programa

FONDO EUROPEO MARÍTIMO E DE PESCA (FEMP)

Obxectivo xeral

Un dos retos actuais da Economía Azul da Unión Europea é que o espazo marítimo atópase cada vez máis demandado. As necesidades, que compiten entre si, de instalacións de enerxía renovable, exploración e explotación de hidrocarburos, o sector naval e a pesca, a conservación do ecosistema e a biodiversidade (Áreas Mariñas Protexidas), a extración de recursos naturais, o turismo, as instalacións de acuicultura e o patrimonio cultural subacuático, así coma as múltiples presións nos recursos costeiros por parte dunha poboación en aumento, demandan unha planificación e unha xestión integradas.

A ordenación do espazo marítimo (MSP, polas súas siglas en inglés) descríbese coma un proceso para analizar e organizar as actividades humanas no espazo mariño e marítimo co obxectivo de acadar fins específicos en materia ecolóxica, económica e social.

Coma un proceso de planificación, a MSP xoga un papel fundamental tanto en termos de maximizar o desenvolvemento potencial de actividades cruciais, coma a produción de enerxía renovable offshore, e en termos de arbitrar distintas actividades humanas co obxectivo de garantir que o efecto cumulativo e combinado das actividades actuais e futuras non compromete os nosos ecosistemas mariños. 

Tomando isto en consideración e sobre a base de accións preparatorias, a Directiva de Ordenación do Espazo Marítimo entrou en vigor en setembro de 2014, con prazo límite para a súa transposición e para o nomeamento das autoridades competentes fixado para setembro de 2016. 

O obxectivo xeral desta convocatoria é apoiar o establecemento e implementación dos Plans Marítimos Espaciais en liña coa Directiva 2014/89/UE sobre MSP (no sucesivo, a Directiva MSP).

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos desta convocatoria son:
1) apoiar accións concretas en Estados Membros que axuden a construír capacidades para a implementación da Directiva MSP e;

2) fornecer apoio para o establecemento de mecanismos duradeiros para a cooperación transfronteriza sobre MSP.
As áreas xeográficas cubertas por esta convocatoria inclúen o Atlántico, o Mar Negro e o Mediterráneo.

Eidos de actuación

Co obxectivo de acadar os requisitos establecidos na Directiva MSP e polo tanto os obxectivos desta convocatoria, os solicitantes deben abordar as seguintes prioridades nas súas propostas:

  • Apoiar a labor das autoridades competentes e/ou órganos interministeriais competentes para o desenvolvemento e implementación dos plans espaciais marítimos.
  • Utilizar un método baseado en escenarios que debería permitir identificar e avaliar futuros usos potenciais, así coma necesidades e opcións de desenvolvemento do espazo marítimo.
  • Cando fose relevante, apoiar o desenvolvemento de cooperación transfronteiriza sobre MSP con terceiros países veciños.
  • Apoiar a aplicación coherente dun enfoque baseado no ecosistema e na integración de interaccións terra-mar.
  • Involucrar aos actores implicados no deseño e implementación de procesos MSP.
  • Desenvolver, revisar e/ou implementar un marco de monitorización e avaliación deseñado para asegurar o uso efectivo e sustentable dos espazos marítimos.
  • Facer uso dos datos e información dispoñibles mediante a difusión de información. 

Destinatarios

Os solicitantes deben ser personas xurídicas. 


Os seguintes tipos de entidades son elixibles para participar nesta convocatoria coma solicitantes:
  • Autoridades competentes da planificación espacial marítima deses Estados Membros ribeiregos responsables da MSP na área seleccionada.
  • Organizacións internacionais, rexionais ou intergubernamentais.
  • Outras entidades, sempre que conten co patrocinio das autoridades competentes. 

Socios

As propostas deben ser enviadas por un consorcio de organizacións.


Todas as propostas deben implicar polo menos a dous Estados Membros ribeiregos da rexión marítima específica. 

Financiamento

A Comisión espera outorgar financiamento a entre 2 e 3 propostas.


A Comisión estima outorgar a cada proposta entre EUR 750 000 e EUR 1 250 000. Este feito non exclúe a solicitude e concesión doutras cantidades. 

A cantidade solicitada deberá ser consistente e proporcionada co ámbito da proposta (tomando en conta o número de solicitantes, número de Estados Membros implicados, actividades propostas, etc.). 

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria é de EUR 2 470 000. Esta cantidade poderá aumentar un máximo dun 20%. 

Duración do proxecto

En principio, os proxectos non deberían exceder a duración de 24 meses. 

Data de publicación

30/07/2018

Data límite de solicitude

30/10/2018

Contacto

As solicitudes de información deberán ser enviadas exclusivamente por correo electrónico a EASME-EMFF-calls@ec.europa.eu antes do 23 de outubro de 2018 (23/10/2018) indicando como asunto ”2018/1.2.1.5 - Maritime Spatial Planning (MSP) Projects”.


Se fosen de interese xeral, as preguntas coas súas respostas publicaranse en: https://ec.europa.eu/easme/en/european-maritime-and-fisheries-fund 

Comentarios

Ligazón ao texto da convocatoria na páxina da Comisión (en inglés):


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante