Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Acción Preparatoria – Currículo Común para Patróns de Pequenas Embarcacións Comerciais

Programa

FONDO EUROPEO MARÍTIMO E DE PESCA (FEMP)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral da acción preparatoria que subxace a esta convocatoria é mellorar as oportunidades para a libre circulación dos patróns de pequenas embarcacións comerciais.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico é a implementación dun Currículo Común para patróns de pequenas embarcacións comerciais a nivel da Unión Europea. 

Eidos de actuación

O proxecto debe abordar cinco eidos de actuación:
1. A compilación de toda a información relevante dispoñible
2. A síntese dun currículo común baseado na comparación de información
3. Avaliación da proporcionalidade das propostas de políticas
4. Obtención das opinións dos actores e os estados membros; accións de seguimento
5. Diseminación 

Destinatarios

As actividades deben ser implementadas por varias entidades traballando de xeito conxunto, é dicir, un ”consorcio”. 


Os líderes do proxecto deben ser persoas xurídicas. Só as persoas xurídicas establecidas nos estados membros da UE son elixibles para ser líderes. Poden ser entidades públicas e privadas. No caso das entidades privadas, deberán estar legalmente constituidas e rexistradas de acordo coa lei nacional.

As seguintes entidades son elixibles coma líderes ou co solicitantes no consorcio:
  • universidades, centros de investigación e institucións educativas/formativas (privadas ou públicas);
  • administracións públicas (nacionais, rexionais, locais);
  • entidades públicas ou semi públicas;
  • entidades públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro;
  • outras asociacións interesadas, como asociacións profesionais ou do sector.
En todo caso, deben estar establecidas nun estado membro da UE. 

Socios

A existencia de socios transnacionais non é un requisito imprescindible. Porén, cabe salientar as seguintes consideracións:

Para ser elixibles, o proxecto debe tomar en consideración cando menos os cinco estados membros coa maior cota de turismo náutico, é dicir, Grecia, Italia, Francia, España e Alemaña. Nestes estados membros a información recollida polo proxecto debe sempre incluír, ademais de calquera outra fonte proposta, información sobre as autoridades responsables de outorgar unha licenza de patrón de barco. 

Unha proposta de proxecto que tome en consideración a todos os 28 estados membros e recolla información de todas as administracións públicas e actores privados do sector gozará das máximas vantaxes no que respecta este aspecto (extensión da cobertura). 

Financiamento

Ata 750.000 EUR

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total reservado pola Comisión para financiar este proxecto estímase en 750.000 EUR.

A Comisión espera financiar un proxecto.
A Comisión resérvase o dereito de non distribuír todos os fondos dispoñibles.

Duración do proxecto

A Comisión agarda que os proxectos duren 18 meses, pero os solicitantes poden propoñer unha duración distinta.

Data de publicación

30/04/2018

Data límite de solicitude

25/07/2018

Documentación

Contacto

Todas as preguntas relacionadas coa convocatoria poderán enviarse por medios electrónicos (e-mail) á caixa de correos funcional:
MARE-CALL-FOR-GRANT-PROPOSAL-2018-07@ec.europa.eu, indicando a referencia da convocatoria MARE/2018/07 e o asunto “Currículo común para patróns de pequenas embarcacións comerciais”. 
Tales preguntas, xunto coas respostas, se son de interese xeral, se publicarán en:

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante