Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria do FEMP  2017 -  Economía Azul Sustentable

Programa

FONDO EUROPEO MARÍTIMO E DE PESCA (FEMP)

Obxectivo xeral

O chamado Sustainable Blue Economy céntrase en apoiar a innovación e achegar os resultados da investigación ao mercado. O outro obxectivo é aumentar a creación de capacidades e a creación de redes para un uso sustentable das concas marítimas. A convocatoria apoiará a creación de empregos sustentables, a innovación e o emprendemento.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos dependen da Liña de financiamento.

Eidos de actuación

A convocatoria de Economía Azul Sustentable está constituída por catro liñas específicas que tratan de fomentar a innovación e achegar os resultados da investigación fundamental ao mercado. Esta convocatoria apoiará a creación de traballo relacionado coa sustentabilidade do sector, a innovación e emprendemento:

• Liña 1: Proxectos demostrativos baseados en tecnoloxías innovadoras para a Economía Azul 
• Liña 2: Estratexias e tecnoloxías eficientes contra o lixo mariño 
• Liña 3: Blue networks para o Mediterráneo, que promoverá a creación de redes para apoiar a creación de traballo, innovación e emprendemento no sector da Economía Azul do Mediterráneo
• Liña 4: Accións conxuntas para unha Economía Azul Sustentable no Mediterráneo 

Destinatarios

  • Os solicitantes deben ser persoas xurídicas. Poden ser organismos públicos ou privados. No caso de organismos privados, deben estar debidamente constituídos e rexistrados de conformidade coa lexislación nacional. No caso de organizacións internacionais, deben estar constituídas polo dereito internacional. 
  • As persoas físicas non son elegibles como solicitante para a presente convocatoria.
  • Os solicitantes deben estar activos no campo da investigación e innovación, e / ou na economía azul e sectores relacionados (como as enerxías renovables mariñas, a biotecnoloxía azul, o turismo costeiro, acuicultura, transporte marítimo, construción naval e reparación de buques, transporte marítimo, petróleo e gas en alta mar, pesca ou acuicultura)

Financiamento

Para cada un das seguintes liñas, a subvención da UE limítase á seguinte cofinanciación máxima custos elexibles:
Tarifa máxima de cofinanciación 
Liña 1- 65%
Liña 2- 80%
Liña 3- 80%
Liña 4- 80%

Orzamento total da convocatoria

A convocatoria cun orzamento total de € 14.5 millóns.

•Liña 1: Proxectos demostrativos baseados en tecnoloxías innovadoras para a Economía Azul (8.000.000 €)

•Liña 2: Estratexias e tecnoloxías eficientes contra o lixo mariño (2.000.000 €)

•Liña 3: Blue networks para o Mediterráneo (3.000.000 €), que promoverá a creación de redes para apoiar a creación de traballo, innovación e emprendemento no sector da Economía Azul do Mediterráneo

•Liña 4: Accións conxuntas para unha Economía Azul Sustentable no Mediterráneo (1.500.000 €).

Duración do proxecto

A duración do proxecto comezará o primeiro día do mes seguinte ao día en que as partes asinen o acordo de subvención correspondente ou nunha data de inicio especificada na acordo de concesión.
Para cada un dos aspectos, segundo o alcance do proxecto, EASME espera proxectos
que alcancen a seguinte duración:
Liña 1- 24 ou 36 meses
Liña 2- 12 ou 24 meses
Liña 3-24 ou 36 meses
Liña 4-36 meses

Data de publicación

24/10/2017

Data límite de solicitude

08/02/2018

Documentación

Contacto

As preguntas poden enviarse exclusivamente por correo electrónico a: EASME-EMFF-calls@ec.europa.eu, especificando claramente no asunto do correo electrónico a que liña se fai referencia:

Para a LIÑA 1: ”EASME/EMFF/2017/1.2.1.12-S1 DEMO PROJECTS” 
Para a LIÑA 2: ”EASME/EMFF/2017/1.2.1.12-S2 MARINE LITTER”
Para a LIÑA 3: ”EASME/EMFF/2017/1.2.1.12-S3 BLUE NETWORKS IN THE MED”
Para a LIÑA 4: ”EASME/EMFF/2017/1.2.1.12-S4 RESTORING MARINE ECOSYSTEMS IN THE MED” 
Ditas preguntas, xunto coas súas respostas, se son de interese xeral, publicaranse nesta páxina web na sección ”Preguntas e respostas”. Ademais, a información importante para os solicitantes pode, se é necesario, publicarse neste sitio web. Por tanto, recoméndase encarecidamente aos solicitantes que consulten este sitio web regularmente.

As preguntas deben enviarse antes de:

1 de febreiro de 2018 para as LINEAS 2 e 4
21 de febreiro de 2018 para as LINEAS 1 e 3

Comentarios

O prazo para a presentación de propostas para a Liña 1 desta convocatoria é o 28/02/2018 á 16.00 hora Bruxelas.

O prazo para a presentación de propostas para a Liña 2 desta convocatoria é o 08/02/2018 á 16.00 hora Bruxelas.

O prazo para a presentación de propostas para a Liña 3 desta convocatoria é o 28/02/2018 á 16.00 hora Bruxelas.

O prazo para a presentación de propostas para a Liña 4 desta convocatoria é o 08/02/2018 á 16.00 hora Bruxelas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante